27 de julio de 2009

Día 11: Non Stop

Ola a todos. Hoxe acabamos de rematar a xornada de conducción neste intre que son as 2:25 horas.

O día de onte, aínda nos deparou moitas mais aventuras despois de actualizar às 2 da maña. Noé e Chus, pasaron a conducir eles os 2 coches xa que aproveitaron para descansar mentres que nos volviamos de Kiev e asi poder durante a noite, recuperar tempo perdido. Ao final durmimos a 161 km de Kiev e despois de parar de conducir a iso das 6 da maña. Foi unha noite de tolos, entre policia, estradas en mal estado e falta de indicadores, pasounos de todo. Nun momento determinado, unha nova patrulla de policia, paranos e nos pide cartos nada mais abrimos a ventanilla, facendonos xestos como que deramos a volta ou senon que nos ian deter (polo menos era o que nos entendiamos). Chegounos a pedir dende dolares a euros pasando por YENS (isto si que è ser internacional). Novamente entre falarlle en galego e castelán (pintega, sempre lles falamos en galego, xa que no caso de que algun teña coñecementos de castelan, falandolles en galego tamen os fastidiariamos). Logo de que se foran, seguimos o noso traxecto e a estrada convertiuse nun auténtico campo minado que non sabemos coma resistiron os coches e os neumaticos. Foi un desastre de estrada que cruzamos os seus 10 km case nunha hora, pero o peor de todo foi que nun determinado momento a estrada estaba cortada e sen indicar ningunha direccion para seguir a esquerda ou a dereita. Como o unico vehiculo que ia por esa mesma ruta, era un camion que levabamos diante, e este foi hacia a dereita decidimos seguilo, pero cando a estrada mellorou o perdimos definitivamente. Logo disto nos metimos por poboacions moi pequena e eminentemente rurais nas que a partires das 5 da maña xa comezamos a ver persoas que levaban os seus rebaños. Foi moi dificil comunicarse con eles xa que algunha señora maior incluso se nos escapou berrando nie nie nie (non, non, non, en ucraniano) era algo surrealista, coma se foramos extraterrestes para esta muller. Finalmente e cando xa creiamos que perderamos toda a noite conducindo, chegamos por fin a estrada principal e nos atopamos con que so estabamos a 161 km de Kiev e polo tanto estivemos moi satisfeitos. Tras isto, nos apartamos ate a primeira area de servizo que atopamos e nos deitamos nos coches para durmir alomenos 4 horas.

Hoxe, comezamos a xornada as 10 horas e nos fumos ate Kiev onde paramos nun centro comercial para mercar algo de comer distinto do habitual. Finalmente comimos un polo sado e outras cousas variadas que nos souberon a gloria.no centro comercial vimos varias cousas que nos sorprenderon e que foron por un lado que tódolos productos individualmente (un paquete de galletas- podese levar 1, 10 ou 100 e non o paquete comercial(simbolo isto das penurias que moitas persoas estan a pasar e as facilidades que teñen que darlles). Por outro lado sorprendeunos ver que no super tiñan peixeiras nas que estaban peixes para vender dun xeito realmente fresco,gg). Logo do super dimos unha voltiña abordo polo centro de Kiev (unha maravilla de cidade no que vimos dende o coche) e finalmente emprendimos viaxe ate onde estamos Kharkiv, xa máis próximos a fronteira con Rusia que tentaremos pasar maña. Desta volta, non tivemos problemas coa e notamos un gran incremento no trafico de camions, xa que hacia Europa era case inexoistente e hacia Rusia e constante e elevado, con grandes areas de descanso.

Bueno saudos e imos durmir un pouco, novamente nos coches.

5 comentarios:

  1. buenos dias chicos, vemos que vais bien , nos alegramos.
    Cuidadin con las mafias rusas!
    s2 desde Rota

    ResponderEliminar
  2. Hola. Soy Estrella de Agareso. Queríamos mandar a los medios el resumen prometido de la primera semana de vuestra aventura. Si teneis unos minutitos, mandadnos un pequeño articulillo resumiendo toda la historia de los problemas que tuvisteis que vivir para entrar en Ucrania.
    Digo yo que mejor que lo escribais vosotros porque lo habeis vivido en primera persona y podeis transmitirlo mejor. Nos lo enviais e intentaremos que salga en los medios gallegos.
    Si preferís otro sistema nos lo comentais sin problema.

    Un saludo y mucho ánimo chicos...

    ResponderEliminar
  3. Hola chavales, en rusia cuadadin con el Vodka que parece igual que el de aqui pero rasca mas, y los polis rusos tb tienen alcoholimetros, si quereis traerme un recuerdo, tb me vale una rusa cachonda de esas que hay por ahi... jejeje!!!

    ResponderEliminar
  4. Hola chicos!! jova que bien vais eh! bueno pues mucho ánimo y seguir así de bien!!

    Besiños!

    Vero.

    ResponderEliminar
  5. menudas aventuras chavales jejeje....darle con xeito a los cheichentos!! que seguro que a alguno se le escapa alguna atravesadilla por esas pista de dios jajajaja!!!! un abrazo chavales!! espero mas actualizaciones, que os sigo todos los dias...estuve pensando en llamaros...pero no se yo como sera la cobertura por esos lares...lo dicho un abrazo!!

    ResponderEliminar