22 de agosto de 2009

Chegada a Galicia

Ola amigos, tras moitos días de atrancos para a obtención dos billetes de avión que nos permitisen a volta a Galicia, hoxe xa temos a confirmación de que chegaremos a Santiago de Compostela o vindeiro martes ás 10:40 horas nun voo de Spanair procedente de Madrid.

A saída de Ulan Bator, con tódolos equipos participantes que estamos eiquí, fíxose case que imposible, debido aos poucos lugares cós que está conectada esta cidade por vía aérea. Finalmente, fumos quen de contratar nunha axencia local, un voo coa compañía rusa Aeroflot que nos trasladará o luns 24 dende Ulan Bator ate Moscú e tras 8 horas de espera en Moscú, de eiquí a Madrid, lugar ao que chegaremos ás 22:30 horas. Tras facer noite en Barajas, ao día seguinte voaremos con Spanair rumbo a Santiago onde por fin voltaremos a atoparnos coa familia e amigos. Grazas a todos por estar sempre ao noso lado.

Saúdos e vémonos o martes.

Os 4 tolos de Scratch Galicia.

3 comentarios:

  1. espero veros pronto ya contareis las batallas los martes ejejje
    a cuidarse

    ResponderEliminar
  2. Xa teño ganas d vervos ós catro tolos e que me contedes cousiñas da viaxe... ;) a q andades agora, que xa me dades medo? jajaja

    pena que non vaiades a barcelona co avion... de todos xeitos, boa viaxe de volta! moitos bicos!

    ResponderEliminar
  3. Beeeeeeeen xa volvedes!!!!!!!!! Boa viaxe.. e aqui vos esperan as vosas familias, a comida galega.. (empanada.. caldo, pulpo.. jajaja) e.. as vosas camassssssss!! :D

    ResponderEliminar