10 de agosto de 2009

Dia 25:fin de Kazajstan

Ola a todos!este dia foi un dia moi longo;con 4h de descanso no coche decatamonos de que novamente mudaramos de paisaxe(ata o de agora levantabamos sempre cos cristais empapados de bao,pero hoxe por vez primeira estaba todo seco).A estrada esta no medio dunha chaira moi ampla,rodeada por unha nieblina que non nos deixa ver mais ala. Polos postos que venden peixe,supoñemos que as marismas que nos rodean seran ricas no mesmo.Tras 100 kms topamonos cunha gasoliñeira e paramos a encher(non queremos quedarnos sin gasoliña mais) e ali pasounos algo feocho,nesta gasoliñeira habia un home duns 50 anos que supoñemos seria o dono pois era o que cobrara,e os que botaban a gasoliña eran nenos que a cada intre e instados polo dono pediannos cartos insistentemente,realmente estas cousas fante quedar moi pensativo pois os 4 nenos ningun deles tiña mais de 12 anos e daban moita pena,e moi triste ver isto,pois realmente non soupemos se asi se gañaban o seu soldo ou pola contra era un modo de obter mais cartos o dono.
Tras isto continuamos en ruta,alimentandonos unicamente de suero para mellorar a situacion estomacal e aparentemente si que se mellora.Ademais nesta zona, 160 kms de case recta sen pobos,nin vendedores,nin pastores,nin nada a calor notase moito mais, é moi seca e a suor xa non se nota, simplemente sequedade de gorxa e nada mais.A nada segue a ser a nosa compaña,alo por onde miramos é o unico que vemos.Co avance do dia, e a so 80 kms de Semei,vemos un rio de pouco mais dunha cuarta de profundidade,onde a xente que vai pola estrada para a refrescarse e incluso bañarse con xabon,tamen estan a refrescarse aqui cabalos (ainda que a pinta non e moi boa,a parte masculina do equipo metese na auga e ainda que non lles fixo moita gracia o estado do mesmo decidiron meterse pola necesidade de refrescarse e aseo ).Continuamos camiño rumbo a fronteira parando antes en Semey,unha cidade para mercar auga. A estrada ata Semei foi algo lamentable xa que estaba intransitable totalmente con socabons que eran continuos asi como pedras,area e terra e os coches circulaban na tua direccion pola dereita esquerda polo arcen e por onde fora,non chegaban os ollos para controlar por onde ian pasar!!Na chegada a fronteira xuntamonos 10 equipos e con toda a calma do mundo e armados de paciencia agardamos.
Esperamos actualizar pola noite e contarvos todo con mais detalle,como sempre mil grazas por estar eiqui e polo apoio que nos mandades, hoxe si podemos dicir que Mongolia esta mais cerca e que ala imos todos!
Saudos,os 4 tolos de Scratch Galicia

5 comentarios:

  1. Estou alucinando con todo o que contades. Cada vez queda menos...

    Saudos.
    Pegha

    ResponderEliminar
  2. muy ben chicos, xa vos queda menos!!!
    Aquí imos todos con vos!!!
    bicos desde Rota

    ResponderEliminar
  3. Xa sabemos que o regreso vai ser en avión, pero cántas escalas faredes, dada a gran distancia á que vos atopades?.
    Sen dúbida, a idea do blog foi todo un acerto!!!

    Cómo vai esa morriña?. Saudos desde Galicia!!.

    ResponderEliminar
  4. animo edgar que xa queda moito menos ,de seguro que voltariades dentro de un mes a repetilo. un saudo a os 4 tolos dende santiago da ESCUDERIA COMPOSTELA.

    ResponderEliminar
  5. enhorabuena a todos, noe pareces mongol tio ¡¡¡¡¡¡
    davidf reire

    ResponderEliminar