Estimado amigos, o equipo Scratch Galicia, primeiro equipo galego mixto que participa no Mongol Rally, organiza mañá no Mesón o Escudo (www.oescudo.es para obter a ubicación), unha cea de benvida na que explicaremos a amigos, familiares e medios de comunicación, tódalas aventuras vividas ao longo do seu traxecto de 34 días entre Fene e a capital de Mongolia Ulaan Baatar.
A cea que comezará en torno ás 21 horas, terá un coste por prato de 15€ e nela proxectaranse imaxes das máis de 3.000 instantáneas que os membros do equipo realizaron.
Será nun ambente festivono que todos teredes cabida ate un máximo de 60 persoas e no que poderedes consultar todo aquelo que vos cause curiosidade.
Para participar na cea é necesario que confirmedes a maior brevedade posible para que non vos quededes sen praza no teléfono 676726260.
Recibide un cordial saúdo e esperámosvos mañá.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Estimados amigos, el equipo Scratch Galicia, primer equipo gallego mixto que participa en el Mongol Rally, organiza mañana en el Mesón O Escudo (www.oescudo.es para obtener la ubicación), una cena de bienvenida en la que explicaremos a amigos, familiares y medios de comunicación, todas las aventuras vividas a lo largo de su trayecto de 34 días entre Fene y la capital de mongolia Ulaan Baatar.
La cena que comenzará en torno a las 21 horas, tendrá un coste por plato de 15€ y en ella se proyectarán imágenes de las más de 3.000 instantáneas que los miembros del equipo realizaron.
Será un ambiente festivo en el que todos tendreis cabida hasta un máximo de 60 personas y en el que podreis consultar todo aquello que os cause curiosidad.
Para participar en la cena, es necesario que realiceis la confirmación a la mayor brevedad posible para que no os quedeis sin plaza en el teléfono 676726260.
Recibid un cordial saludo y os esperamos mañana.
26 de agosto de 2009
24 de agosto de 2009
Imaxes: Entrega de axuda no Village de Cristina Noble Foundation
Foto con tódolos nenos do Village coas gafas de Alain Affelou e os xoguetes entregados. Entrega da documentación do coche.
Imaxes: Chegada a Ulaan Baatar.
Imaxes
22 de agosto de 2009
Chegada a Galicia
Ola amigos, tras moitos días de atrancos para a obtención dos billetes de avión que nos permitisen a volta a Galicia, hoxe xa temos a confirmación de que chegaremos a Santiago de Compostela o vindeiro martes ás 10:40 horas nun voo de Spanair procedente de Madrid.
A saída de Ulan Bator, con tódolos equipos participantes que estamos eiquí, fíxose case que imposible, debido aos poucos lugares cós que está conectada esta cidade por vía aérea. Finalmente, fumos quen de contratar nunha axencia local, un voo coa compañía rusa Aeroflot que nos trasladará o luns 24 dende Ulan Bator ate Moscú e tras 8 horas de espera en Moscú, de eiquí a Madrid, lugar ao que chegaremos ás 22:30 horas. Tras facer noite en Barajas, ao día seguinte voaremos con Spanair rumbo a Santiago onde por fin voltaremos a atoparnos coa familia e amigos. Grazas a todos por estar sempre ao noso lado.
Saúdos e vémonos o martes.
Os 4 tolos de Scratch Galicia.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)