20 de agosto de 2009

Prensa

Ola, tedes 2 novas máis sobre Scratch Galicia en :

http://www.xornal.com/artigo/2009/08/18/sociedad/xornal-de-veran/mongol-rally-llega-ulan-bator/2009081822480270109.html

Diario de Ferrrol mércoers 19:

RALLY SOLIDARIO ULAN BATOR
O Scratch Galicia cruza a meta
CRÓNICA DE M.J.R.
Os dous coches que integran o equipo Scratch Galicia chegaron xa a Ulan Bator. Despois de máis de 15.000 quilómetros, 34 días de viaxe, moitas penalidades e tamén aventuras sorprendentes, Fátima e Édgar e Noé e Chus descansan na capital mongola e hoxe entregan o material de axuda que levan á zona.
Ofenés Édgar Vigo, un dos catro aventureiros galegos que se lanzaron a participar no rally solidario a Mongolia, enviaba onte ó mediodía a mensaxe que os seus familiares e seguidores estaban a agardar: cruzaran a liña de meta en Ulan Bator, capital do país. “Nestes momentos repoñémonos nun hotel (un luxo do que non gozaramos en moitos días) do cansanzo acumulado, para mañá dirixirnos ó orfanato que Mercy Corps ten nas cercanías de Ulan Bator”, apuntaba. “Faremos entrega das gafas de sol e graduadas doadas por Alain Afflelou para os nenos máis necesitados de Mongolia e dos xoguetes e medicinas doadas polo centro comercial Dolce Vita de Narón e a droguería Moderna de Luis Esteban, de Pontevedra, respectivamente”, engade. Tamén entregarán os coches e toda a axuda -en obxectos e en alimentos- que levan neles.
“Os últimos días a través de Mongolia foron para nós moi duros tanto mental como fisicamente, xa que a situación de vida neste país é moi precaria e as insfraestruturas non existen, polo que os coches comezaron a sufrir pequenos problemas mecánicos”, conta Édgar.
Os dous Fiat Seicento Van responderon de xeito incrible durante todo o traxecto pero, logo de caer nun bache, precisaron a axuda doutros equipos e dos mecánicos locais para poder chegar á meta.
Foron máis de 15.000 quilómetros de viaxe en 34 días nos que os catro aventureiros contaron na súa páxina web (www.scratchgalicia.org) todo o que lles pasaba. Soubemos así das interminables negociacións nas fronteiras, dos subornos, de desigualdades sociais, da solidariedade dos máis pobres, de paisaxes desérticas, tormentas, lagos secos, culturas antigas e da loita do home por sobrevivir. Os membros do Scratch Galicia asistiron a unha voda, durmiron nas casas tradicionais mongolas -onde chegaron a matar un año para darlles de comer-, cruzaron ríos, durmiron en chairas interminables e sacaron máis de 4.000 fotografías.
Desde Galicia, os seus amigos e familiares non deixaron de apoialos. A súa escudería incluso montou unha maratón de 24 horas conducindo no simulador, como homenaxe ós aventureiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario