2 de agosto de 2009

Dia 15 a 17:saida Kazajstan e Uzbekistan

Ola a todos!primeiro de todo desculparnos por non actualizar, posto que nos ultimos km de Kazajstan e ata agora en Uzbekistan non temos cobertura, casi nin de mobil. De todos modos queremos agradecervos o seguimento, bueno comezamos:

- o dia anterior rematou nunha explanada de terra durmindo pouco (acostamonos pasadas as duas da mana, o horario de conduccion ampliase o avanzar cara o este) agardando a que caia o gran diluvio.

- Dia 15: tras xa non aguantar mais dentro do coche debido a calor incesante sumada a chuvia atroz, as 8:15 sacamos rapido os coches do fangal no que estamos metidos e metemonos en ruta. As 11:30 chegamos a Algivai, unha cidade con un cheiro moi penetrante a petroleo, disponemonos a cambiar cartos nun banco pois as tarxetas eiqui non son moi usadas. Tras mercar auga seguimos camino, a chuvia segue connosco pero as gotas secan nada mais caer sobre os coches, son 32 os grados que soportamos pero sofoca moitisimo e costa respirar. Seguimos camino con este olor a petroleo e na estrada os unicos companeiros son a multitude de tumbas de xente que perdeu a vida nas estradas, o trafico ferroviario e impresionante, o numero de vagons e esaxerado porque os camions eiqui son case inexistentes. As ladeiras da estrada estan cheas de salinas inmensas onde so vemos as pegadas dos dromedarios ata onde nos chega a vista. A partir de eiqui a estrada remata e a terra e a unica presente, parece unha preparacion para Mongolia, as cinchas do teito partiron e amarramos con pulpos. Paramos a fotografiar uns animais e achegase un rapaz que estaba con eles, tras falar con el achegamonos a sua aldea onde os nenos acheganse e son moi afectivo, facemos unha nova entrega de material nun lugar moi afastado de todolos lados, cada vez notase mais a precariedade en todo, mais a xente e moi agradable. Os raios acheganse cada vez mais a nos e a chuvia esta mais presente. Tras atopar unha gasolinera, enchemos o deposito, e acheganse moitos nenos e unha nai aos que lles entregamos material escolar e gafas de sol para os rapaces. Neste lugar atopamos con outro equipo do Mongol Rally que saira dende Barcelona e que dende ese intre seguimos xuntos cara a fronteira de Uzbequistan. O camino ate esta fronteira e moi malo e incluso este equipo catalan leva rodas de competicion de terra para poder pasar sen problemas. Tras 2 horas para percorrer 80 km, chegamos a unha fronteira desoladora. O camino normal para a entrada nesta, esta tapiado por monticulos de terra e cando nos aventuramos cara o que creemos pode ser o camino da fronteira, aparecen dous homes que nos informan de que a fronteira esta pechada ate as 9 da mana do dia seguinte e polo tanto, decidimos montar un campamento nun camino a 1 km do lugar. Cando acampamos eiqui, creimos que existia un monte ou algo asi ao lonxe, xa que era tan de noite que non o veiamos (seguimos tendo conciencia galega, porque en realidade o que habia ao d'ia seguinte non era mais que un deserto).

- Dia 16: As 9 da mana nos espertamos e almorzamos todos xuntos, estamos os 3 estadounidenses, os catalans e mais nos. Como o dia anterior o camino estaba moi estropeado, decidimos facer unha revision mecanioca dos coches\, revisando toda a tornilleria e atopandonos con que nun dos coches hai un soporte solto. Por sorte poidemos apretalo e continuar hacia a fronteira sen problemas. Na fronteira con Uzbequistan levamos unha grata sorpresa. Pese as informacions de que este esta entre un dos 10 paises mais inseguros do mundo, e a primeira experiencia que temos de non extorsion por ningures e incluso os militares da fronteira uzbeca nos convidan a comer con eles e nos ofrecen do pouco que tenen (melon, pan de pita e salchicha-todo moi rico). Tras 6 horas de tramites e xantar cos militares, entramos en Uzbequistan. Neste intre decidimos que os equipos mellor armados mecanicamente (catalans e estadounidenses) avancen mais rapidamente que nos e non tenan que penalizar a seu ritmo pola nosa culpa (os estadounidenses van nun todoterreo e os catalans levan as rodas de terra). Despois de aqui, nos diriximos hacia Moynaq, no antigo Mar de Aral (hoxe en dia esta seco) para visitar unha das historias mais incribles da historia recente mundial, un lugar onde antes habia barcos de pesca, agora hai un deserto cos barcos varados, pero isto non o veremos ate o dia seguinte. Chegamos a Moynaq a iso das 12 da noite e acampamos nun lugar que antes fora mara a 3 km do cemiterio de barcos. Previo a isto e debido a falta de moeda local, temos que empregar a gasolina das garrafas para poder continuar xa que en Qulsary onde queriamos repostar non nolo permiten e ademais a gasolina so e de 80 octanos. Nesta gasolineira atopamos unha familia cunhas nenas as cales aproveitamos para facerlles entrega duns xoguetes e observar como as mulleres deste pais l;evan todolos dentes de ouro (algo eiqui moi comun pero que a nos faisenos moi duro a vista- a hixiene bucal eiqui non existe).

- Dia 17: A primeira hora facemos o primeiro almorzo propiamente de camping coa leite en po (moi rica por certo-debe de ser a falta dela). Nos diriximos a ver os barcos e non os atopamos ate despois de 30 km, xa que nos indicaron mal e a pesares de durmir a 3 km deles, nos mandaron moito mais lonxe, Neste percorrido, tamen nos atopamos con nenos cunha situacion de vida lamentable e decidimos parar a facerlles entrega de material escolar e gafas de sol para o terrible sol que estamos a sufrir (estamos a primeira hora a 40 grados). Despois deiqui, fumos hacia o deserto de barcos e ali nos atopamos con outro equipo catalan. Sacamos unhas fotos, limos a terrible historia do mar de Aral e nos fumos hacia a cidade de Nukus. Polo camino, nova sorpresa, unha seris de tornado moi virulentos aparecense a un loda e outro da estrada pola que imos. Por sorte, non nos afectaron e non tivemos ningun tipo de problema, pero e abrainte ver como cun dia clarino, se formaron estes fenomenos tan destructrivos. Seguimos camino e na ruta paramos a xantar, pero eran as 5 da tarde e non atopamos un lugar onde facelo, iso si, mercamos un refresco que nos alegoru a tarde xa que nese intre a temperatura chegaba aos 45 graos e era un momento de demasiada calor. No transcurso da viaxe hacia Nukus, mercamos unha sandia, a cal, a pesares de confiar no seu vendedor, non era nada boa e tina moita zona estropeada (menos mal que non a comimos xa que despois nos informaron de que iso era causa de vomitos e diarreas). Tamen, vivimos un dos momentos mais bonitos ate este intre, nun lugar da estrada polo que pasaba un riachuelo, non moi limpo, habia unha poza na que se estaban a banar moitos nenos ao mesmo tempo que limpaban coches e alfombras. Foi unha vision tan peculiar que de3cidimos parar, co revuelo que iso supon nas paersoas dese lugar que non estan acostumadas a ter visitas de estranxeiros. Poidemos aproveitar para convivir un pouco con eles, sacando fotos nos seus burros que empregan para o transporte ou coas lavandeiras que limpaban as alfombras, pero o mais gratificante para nos foi a entrega de material escolar que os nenos recoll\eron cunha enorme satisfaccion e felicidade, firmandonos co seu nome (empregando este material) nun papel. Forn momentos de moita satifaccion persoal e nos que nos decatamos da boa mision que estamos a realizar. Despois de chegar a Nukus e falar cun empregado dunha gasolinera, nos diriximos hacia Khiba, patrimonio da humanidade e un dos lugares polos que todolos equipos pasamos. Neste traslado nos confundimos sobre 27 km e tivemos que dar volta. No camino, tivemos que cruzar unha ponte frotante que nos impresionou polo seu deterioro e o medo que daba e no que se nota a gran pobreza existente no pais. Finalmente, decidimos facer noite en Urgench, outra cidade ante de Khiba, pero e que o cansazo non nos permitiu continuar.

Uzbequistan, un dos paises que mais reparos nos daba, e nos esta a sorprender coa amabilidade das suas xentes e o seu bo comportamento hacia nos. De todolos paises polos que atravesamos nos quedamos polo momento con este, no que as persoas son moito mais pobres, pero que a solidariedade entre elas e moito maior.

Por ultimo, pedirvos desculpas polo mal escrita que esta esta renovacion, pero estamos nunha especie de ciber local e nos teclados non existen nin tildes nin enhes.

Saudos a todos dos 4 tolos de Scratch Galicia.

9 comentarios:

  1. Xa nos tardaba ler noticias vosas eh! E realmente valeu a pena esperar porque polo menos estavos sendo un viaxe moi atractivo no canto a cousas que vos pasan hehe!

    As imasxes estan xeniais! Un bico :)

    ResponderEliminar
  2. boas familia, vemos que ides ven, alegramosnos seguide asi!
    bicos desde Rota.

    ResponderEliminar
  3. pedazo fotos rapaces!!!!animo e seguir asi que sodes os mellores.sur do condado.humberto e julio

    ResponderEliminar
  4. Moi bonitas as fotos. Alégrome de que todo vos vaia xenial. Agora a seguir así hata o final, mentres aquí seguimos pendentes das vosas publicacións.... Ánimo rapaces.....

    ResponderEliminar
  5. As fotos son preciosas, por certo edgar, esqueceronche as cuchillas de afeitar non??? :D:D
    Seguide asi...un abrazo...e animos pa todos!!

    ResponderEliminar
  6. Hola chicos,ahora si que se puede decir que os falta menos y aunque teneis algunos contratiempos yo se que lo estais pasando bien y asi teneis alguna historia para contarle a (LOS NIETOS),Bueno suerte y animo,hasta pronto.besos

    ResponderEliminar
  7. Seguide así... A Mongolia vamos todos.

    Saudos, Pegha

    ResponderEliminar
  8. dende a terra do apostol un saudo e moitos animos ue xa queda moito menos.david

    ResponderEliminar
  9. Moitas grazas a todos polos comentarios, agora mesmo estamos para actualizar nun ciber de Samarcanda (coma o outro dia non temos nin tildes nin enhes). E moi dificil escribir porque o teclado non ten nin teclas do gastado que esta. O noso lado esta un rapaz mirando producto espanol (Penelope Cruz, gg)

    Saudos e grazas por estar ahi.

    Edgar.

    ResponderEliminar