11 de agosto de 2009

Dia 26: Barnaul - Rusia

Ola de novo, no 26 dia de desprazamento hacia Mongolia, tivemos que afrontar o penúltimo paso fronteirizo (era o de Kazajstan con Rusia). Neste paso fronteirizo tivemos de novo que armarnos de paciencia. Chegamos a iso das 9:30 horas, e tras falar con outros equipos que xa estaban na cola (un deles cunha impresionante ambulancia Volvo traída dende Australia), nos diriximos hacia o primeiro policia fronteirizo para ir axilizando tramites( a sua oficina estaba nun lugar que daba realmente noxo, no que ao achegarte saltábanche ao corpo cucarachas dende a parede). Este policia para a nosa sorpresa, sabia algo de castelan e iso non nos gustou demasiado xa que equipos doutros xa nos falaran mal del. Todo parecìa que ia ben, moi lento, pero ben. Detras de nos chegaron outros equipos que fixeran a saída connosco dende Barcelona e estivemos a falar de como nos fora, en principio eramos 5 equipos seguidos para tentar pasar. O lugar no que estaba a fronteira, estaba cheo de mosquitos e cebáronse en picarnos, polo que cada equipo decidiu atrincherarse no coche (no de Édgar e Fátima chegaron a matar 24 mosquitos dentro do coche, para poder durmir). Mentres esperábamos na cola, todos nos puxemos a durmir, tatque as 3 da mañá máis ou menos, tocáballe o turno ao coche de Chus e Noé. Nese intre toca un cambio de guardia que ben acompañado por 2 membros do exercito co seu calaxnicov(non sei come se escribe). Nese intre mandanos aos 5 equipos que nos apartemos para que pasen todos aqueles coches que non son do Mongol Rally e están detrás de nos. Nese intre chegan momentos de tensiòn por mor do noso cabreo, pero realmente, a única solución que nos quedaba era esperar e aguantar, Pola mañá cedo, a iso das 8 da mañá, o sol petaba tan forte sobre os nosos coches que xa non eramos quen de seguir durmindo neles e polo tanto, nos diriximos a falar có policía que nos dixo que para nos a fronteira abriría as 9 (o resto de coches que viñan detrás de nos seguían a pasar). Ao chegar as 9 en punto, por fin o policía permite o paso fronteirizo dos nosos coches e comezamos os trámites fronteirizos. Neste caso, os trámites foron rápidos e seguros, sen sufrir nengún tipo de soborno e a iso das 12 do serán entramos de novo e Rusia.

O camiño por Rusia transcorreu con normalidade, cunha estrada moi boa na súa maioría, pero con zonas en obras que nos o ligaron a circular por riba dos prados colindantes a estrada. Por esta estrada chegamos a Barnaul, o noso punto para este día e puxémonos a buscar Hotel. Primeiramente, chegamos a un moi grande e decidimos quedarnos nel, ata que tras sufrir varios desprezos por parte das persoas de recepción,recollimos todo e nos puxemos a buscar outro.0 atopamos tras 10 minutos buscando, ao lado dunha praza enorme presidida por Lenin. Neste hotel o servizo foi mellor e xa nos quedamos definitivamente.

Ao chegar a habitación do hotel, Édgar duchouse e meteuse na cama (tras varios días de diarrea, non podía có corpo), mentres que Noé, xa foi mellorando no seu estado e baixou xunto a Fátima e Chus a mercar algo sano para cear (arroz branco principalmente). O arroz branco tras moito esplicarlles non foron quen de facerllo e fixeron un con algo así coma setas. Édgar o tomou, pero tras rematalo non se sentía demasiado bem e tras tantos días de diarrea, Fátima decideu ir a recepción para solicitar un médico que lle aplicase antibióticos. Ao chegar o médico coa sua bata verde xunto co seu axudante e ao non entenderse connosco, decideu que o mellor era trasladalo ao hospital xa que alí sería máis doado atendelo. Edgar subeu na ambulancia, e alucinou có tipo de ambulancia no que o trasladaron. Era unha furgoneta moi antiga (polo menos 30 anos) e que por camilla tiña unha lona toda desfarrapada. O asento nos ía Èdgar estaba todo estropeado e as condicións hixiénicas parecían minimas. Ao chegar ao servizo de urxencias, por un camiño cheo de baches, entramos alí e nos topamos cun hospital de hai 30 anos en Galicia. Tiña unha camilla de coiro coa marca de todos os que se levan deitado nela. O termómetro era un de mercurio de toda a vida pero que non estaba en ningun aparello para desinfectar. Realmente o hospital daba medo, pero o personal que nel traballaba, temos que recoñecer que foi unha delicía e fixeron tódolos esforzos do mundo para atendernos ben. Finalmente e tras facer unhas fotos con ellas, diriximonos a unha farmacia para mercar o que nos recetou (cunha receta que non era máis que unha cuartilla de folio co selo da medica por un dos lados). Na farmacia mercamos os antibióticos e a dependenta nos daba a escoller as caixas que queriamos por si necesitabamos mais dunha, ao final gastamos 510 rublos, algo asi coma 13 euros e a recuperación comezouse a notar dende a primeira toma. O que si que nos sorprendeu é que non nos cobraron nada polos gastos medicos e salvo os medicamentos, foi todo gratis.

Bueno iso foi todo no día 26 e no día 27, por fin chegaremos a fronteira con Mongolia. A Mongolia chegamos todos!!!!!

Os 4 tolos de Scratch Galicia.

11 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. buenas chicos, en especial a mi hermano, recuperate que ya queda poco!!
    Venga a seguir, nos entretenemos mucho con vuestras crónicas.
    bicos desde Rota

    ResponderEliminar
  3. moitos animos para os catro pero mais para o pobre de edgar(picano os mosquitos,saltanlle as cascudas,caganlle as gaivotas de muros,etc,etc.un saudo david

    ResponderEliminar
  4. qqqquuuueeee pasaaaa¡¡¡¡ noe, chus (y co)tremenda aventura... os estoy siguiendo pero por aqui las fiestas me están volviendo loco. el livingston sin vosotros no es lo mismo. cuidado con los mosquitos y tomaros algo para el estomago.
    javi manda saludos para todos.
    davidfreire

    ResponderEliminar
  5. Animo chicos q xa casi esta...

    Un saludo

    Borja

    ResponderEliminar
  6. Joder, que medo... Non hai día que non vos pase nada.

    Moito ánimo e paciencia, que xa queda pouco.

    Saudos, Pegha

    ResponderEliminar
  7. Édgar mellórate e recupérate!! Xa vos queda pouco e seguides con ánimo moi ben!!

    A ver se nos achegades mais fotos que a verdade e que están moi ben todas!!

    Bicos para os catro e kilos de ánimo!! :D

    ResponderEliminar
  8. Hola Edgar ten mucho cuidado con lo que comes y bebes, y tu Fatima cuidalo que ahora si que os falta menos,asi que lo que os queda cojerlo con calma y cuidaros, hasta pronto, un beso

    ResponderEliminar
  9. vais a venir con un tipazo....

    Ya no queda nada chic@s

    ResponderEliminar
  10. mucho ánimo a todos ,ya queda poquito,asi nos contareis todo en directo.Un beso Noé cuidate mucho.

    ResponderEliminar
  11. enhoraboa rapaces facedesnos chorar coas vosas historias xa teño gana de vervos.un saudo.humberto e julio

    ResponderEliminar