14 de agosto de 2009

Dias 28, 29 e 30: Estamos en Mongolia!!!!

Ola amigos, coma vos comentamos o ultimo dia, estamos xa en Mongolia. Para pasar a fronteira, os tramites foron algo longos, pero tivemos a grandisima sorte de non ter que facer noite na fronteira (habia equipos que levaban 24 horas ali). Unha vez que a atravesamos, chegou o que sempre escoitaramos, pero non chegabamos a crer, en Mongolia, non existe o asfalto.

Comezamos o noso percorrido e o primeiro que nos sorprendeu foi ver a uns nenos que nos asaltan ao noso paso e que tenen a pel totalmente cuarteada polo frio (aqui o frio mata, sobre todo polo vento fresco). Demoslles unha serie de agasallos dos que Odeon e Alain Afflelou nos entregaron e conseguimos arrincarlles un soriso. despois de eiqui, nos adentramos no pais e nos atopamos con caminos de terra destrazados e un frio atroz. Fixemos noite nunha enorme chaira, rodeada polos laterais por montanas nevadas e puxemolos coches para evitar que o vento nos enfriase ainda mais dentro das nosas tendas de campana. Durante a noite, tivemos o susto mais grande de todo canto levamos pasado xa que comezamos a escoitar pasos a caron da tenda. Collimos un silbato que levamos connosco e puxemonos a asubiar para tentar que escapasen e finalmente os pasos deixaron de oirse. Ao amencer, Edgar levantouse por unha necesidade fisioloxica, segue a estar mal e cando disponiase a funcionar, apareceu un rapaz de 28 anos a cabalo, era un pastor. Edgar estivo a falar con el e posteriormente cando todos nos levantamos, convidamolo a el e ao seu irman (que tamen veu despois) a un almorzo con cacao. Despois de almorzar connosco e tras estar ali mirandonois unhas 2 horas sen dicir nada, marcharon satisfeitos co almorzo (o rapaz tina 600 ovellas).

Ao comezar camino ao dia seguinte, chegamos a cidade de Ulgij, e ali aproveitamos para repostar. Dende ali, quedabannos 200 km ate a seguinte cidade Khovd e creimos que en 10 horas, chegariamos. Comezamos a viaxe e o camino de terra non nos permitia ir a mais de 30 km por hora. Despois de 7 horas, solo avanzaramos 100 km e iso nos desanimou un pouco. Durante este dia, unha familia de nenos (eran 6 en total de menos de 10 anos), volvennos asaltar e decidimos para para darlle uns novos agasallos. Os pais ao vernos ali, convidannos a sua casa e ao entrar (serian 20 metros cadrados) atopamonos cun ambiente desolador e que explicaba a pel que os nenos tenen neste rincon do mundo. O frio en todas partes e infernal e a pesares de que na casa si facia calor, o espazo era tan pequeno que ao lado da cocina atopabase un queimador para dar calor queimando a caca dos animais que pastoraban. Os pais convidaronnos ao pouco que tinan (todalas persoas eiqui son moi serviciais), deronnos queixo, requeixo e un postre tipico que e unha especie de bunuelo. Despois disto fixemos unhas fotos con toda a familia e continuamos. A paisaxe durante todo o percorrido e impresionante e circulamos por grandes chairas entre montanas e subimos por elas en ocasions (como aguantan estes coches), pero por se isto fora pouco, xa tivemos que atravesar 7 rios que ainda non de moito calado, si nos obrigaron a facer un estudio para buscar a mellor zona de paso. O dia, rematou atopandonos con un equipo que xa estiveramos dias atras e que estaba no medio da nada co coche roto (o escapr\e parteu a metade e non pocia continuar (Noe baixou a axudalo xa que Edgar recaeu ao tentar comezar a comer ben e non puido axudar) e coa axuda doutros 2 equipos espanois que chegaron despoid, o escape quedou amanado. Unha vez que tantos equipos estabamos xuntos, os lugarenos que viven nos ERGS do redor chegaron todos ali e fixeron algo moi sorprendente (un deles tina unha libreta con 3 frases en ingles: Vendes o coche? Canto queres por el? Canto e iso na mina moeda?) a nos pareceunos incrible xa que xusto nesta zona do pais os coches mais axeitados son os todoterreos mais extremos. Finalmente, o que si que fixemos foi negociar con alguns deles para poder pasar a noite na sua vivenda e pasar mellor o frio eiqui existente. O Erg era a vivenda de 10 persoas 5 adultas e 5 nenos que durmian cada un nunha cama (e dicir, adulto con neno). Fixeronnos unha cea deliciosa que Edgar non puido probar. Ao redor do Erg estabe replto de animais, pero os mais exoticos eran os jacks, unha especie de vaca con moito pelo que son moi mansos. A iso das 5 da mana, todos en pe e a continuar viaxe.

Hoxe, chegamos a Khovd e dende eiqui estamos a renovar. E unha cidade do tamano de Ares e que conta con algun edifico, pero a meirande parte son ergs. Dende eiqui proseguioremos ate Altai, a 400 km, onde esperamos chegar en 2 dias. Eiqui, atopamos o primeiro punto de entrega de coches antes de Ulan Bator, xa que e posible, no caso da averia ou necesidade por ter que voltar, a entrega por varias cidades. A dia de hoxe, so 10 equipos chegaron a Ulan Bator e todos forn por rutas mais doadas (atravesando Rusia polo norte), nos espoeramos chegar a Ulan Bator en 6 dias, a ver se o conseguimos.

Saudos, os catro tolos de Scratch Galicia e grazas por acompanarnos dia a dia

15 comentarios:

  1. bos dias mongolitos, ja,ja,ja,.. muy ben xa casi estades.
    ter cuidadin con as máquinas, y si queredes mais aventura voltaros nos cocheciños de volta a Galiza, e se os mandades a organizacion por correo, que tampouco pesan tanto, ja,ja,ja,..
    bueno seguide asi!
    bicos desde Rota!!

    ResponderEliminar
  2. Remedio para la diarrea #1: Mezclar una cucharadita de azúcar y 1 cucharadita de bicarbonato de soda y 1 cucharadita de sal en una taza de agua. Este remedio caseros se puede aplicar, tanto para los niños pequeños como para los adultos.
    Hola Edgar, esperamos que vaias mellorando, este remedio caseiro e bastante bo, pero tes que ter coidado co bicarbonato e o sal. O mellor sería que si ai unha apoteka, (farmacia), comprarades sales minerales, para combatir a desidratación. Sin comer vívese, pero sin beber e imposible. Di túa nai que si podes conseguir limón e tomalo con te che corta rápido. Tamén din por aquí que a gaseosa ou a cocacola, con limón son boas. Pero ai que sacarlles o gas, que se consigue metendo unha culler de aceiro no recipiente, porque sinon traballará demasiado o intestino.
    Moitos bicos e ponte ben, que non queremos verte tan delagado á volta.
    Papis.

    ResponderEliminar
  3. tremendísima aventura! é como para escribir un libro. moitísima sorte.

    ResponderEliminar
  4. Edgar, recorda tomar arroz branco e si podes botarlle cenoura bótalla, di túa nai que nada de conservas nen pasteliños. O que tamén e moi bo e o soro da leite, pero ó mellor non podedes conquerilo.
    Moitos bicos.
    Papis.

    ResponderEliminar
  5. Blog educativo: modos de vida na Europa oriental e Asia e consellos paternos,jeje

    Sorte, que xa queda pouco e seguro que chegades.

    Saudos, Pegha

    ResponderEliminar
  6. Hola chicos nos tubisteis un poco preocupados al no saber nada de vosotros en un par de dias, pero ya vemos que no se puede decir que lo pasarais muy bien pero bueno ahora si que os falta menos, ahunque hay que pasarlo. Cuidaros mucho y cuidadin.Besos

    ResponderEliminar
  7. ANIMO CAMPEONES!!!!

    Borja

    ResponderEliminar
  8. Caminante, no hay camino,se hace camino al andar...vosotros,ya lo teneis más que logrado.Mucho ánimo y besitos para el tramo final.

    ResponderEliminar
  9. Rapaces moi ben!! Que xa non queda nada!! E parece mentira que lle tiñades medo ao frio.. recordade de onde sodes.. os do sur non tanto, pero Edgar e Fátima.. sodes ben de frío!! E nada.. moitisimo animo que xa estades alí!!

    Para diarrea moita auga!!

    Bicos e mellorate primoooo!! :D

    ResponderEliminar
  10. riome eu do camiño de santiago,a partir de agora camiño de ulan bator,xa

    ResponderEliminar
  11. Xa se bota de menos información recente nestes días. ¿Chegaron a Ulan Bator?.

    ResponderEliminar
  12. vaia experiencia eh....recordos traeredes a mazo...e xa estamos desexosos de escoitalos.

    unha aperta para todos e noraboa por conseguilo

    si o que non consigades vos..je je

    Ivan L.

    ResponderEliminar
  13. Pois sí que son uns dias sen escribir, sí...

    Esperemos que non pase nada e den chegado.

    Saudos Pegha

    ResponderEliminar
  14. Noraboa!!!!!!!! Desde o Diario estamos abraiados pola vosa aventura e encantados polo ben que a contastes todos estes días. Esperámosvos á volta. Apertas!

    ResponderEliminar
  15. O equipo Scratch Galicia chegou á capital de Mongolia. Tedes información máis detallada en: www.curuxarallye.info

    ResponderEliminar