7 de agosto de 2009

Fin de Uzbequistán, retorno a Kazajstán.

Ola a todos novamente! sentimos non actualizar estes dias pero eiquí as comunicacións son moi precarias, en Uzbequistan non habia nada de nada e eiquí en Kazajstan so nas cidades (hoxe en Almaty-antiga capital do estado); asi que tentaremos resumirvos estes dias. Primeiro de nada e novamente queremos agradecervos o apoio que nos enviades dia a dia cos vosos comentarios e que cada dia escriba mais xente enchenos de ledicia, grazas a todos!!!!

Dia 20: este dia estivemos na capital uzbeca nun día de reflexión. Estabamos bastante afectados polo que vimos e polo que sufrimos nas nosas carnes. Na cidade de Samarcanda, atopámonos con nenos de máis ou menos 10 anos, traballando de albaneis nunhas condicións lamentables (chanclas, cama ao lado do posto de traballo deitados na rúa, andamios de madeira totalmente inseguros,...). No noso aspecto persoal, estabamos de diarrea todos agás Chus, tras probar comida local e ademáis, estamos ainda actualmente e cada dia mais acribillados por mosquitos e demáis bichos (hai insectos tipo saltamontes de 10 cm de lonxitude e arañas bastante grandes). O único que nos queda positivo é o nivel dos Fiat Seicento que non nos dan ningún tipo de problema e nos axudan a que todo vaia mellor (se ademáis os coches fallaran xa sería o último, pero realmente se comportan moito mellor que o resto de equipos que con coches teóricamente superiores, Suzukis todoterreo, Renaults Megane, Chevrolet todoterreo,..., que ademáis son moito máis potentes, e xa tiveron que ir varias veces a xunto de mecánicos locais). O único problema có que nos estamos atopando é o mal estado das estradas que provocan danos nas llantas, levando agora mesmo unha totalmente dobrada.

Paramos nun mercado local inmenso onde vendian froitos e legumes caseiras, doces (que Noe encheuse a comer deles), bebidas caseiras con moras, e ate pasteis nupciais con noivos e todo. Era unha delicia velo, respirabase naturalidade ali.

Logo de ali marchamos rumbo a Thaskent sen comer nada en todo o dia, so a base de auga polo ben da nosa tripa! e rematamos o dia co obxectivo cumplido: 2 da maña e Tashkent conquistado!!

Dia 21: Novo dia, coa fronteira Kazaja a 10 kms, decidimos cruzala cedo, non sin antes deternos a mercar auga (nunca pensamos que fora un ben tan preciado), tras poñernos en ruta; primeira decepcion do dia: a fronteira esta pechada por obras e temos que retroceder mais de 70 km ata atopar o anterior paso fronteirizo. Como non habia outra opcion, desfixemos o camiño do dia anterior e as 14:45 h chegamos a fronteira onde xa habia 14 equipos do mongol agardando. A calor apretaba cada vez mais, por sorte habia un tubo polo que saia auga (os locais bebian de ali, ainda que todos os europeos o que fixemos foi mollar os pes na charquiña que facia o caer no chan). Tras intercambiar experiencias cos outros equipos, o dia foi avanzando e cruzamolas duas fronteiras o equipo completo, sendo a parte sur o ultimo en cruzar antes de que pecharan ( houbo equipos que durmiron na fronteira, na terra de ninguen e xa no ultimo tramo antes de rematar). Nos, por sorte, cruzamos todos e para celebralo, fixemos unha pasta no camping gas (que falta nos facia xa que levabamos dous dias case sen comer). Nestes casos ata valoramos e moito unha comida quente tan simple neste caso coma unha pasta. As noites son preciosas, da gusto cear e quedarte a mirar para o ceo, contemplando estrelas fugaces e a nada que te rodea, e logo meterse na tenda e non escoitar nada mais que o propio silencio, e algo que na casa non fas pero que eiqui si.

Dia 22: Nos dias de fronteira, realmente non se avanza moito xa que perdes como pouco 6 horas e retrasase todo. O dia comezou como todos, un sol impresionante pegando na tenda de campaña a modo despertador que faite erguer deseguida ou perecer ali mesmo achicharrado. Trala gran cea, decidimos comezar o dia cun almorzo en condicions: leite en polvo e cacao (case como na casa), da gusto facelo, ainda que moitas veces non temos nin tempo e tamen almorzamos xa en ruta (a comida, merenda_cea, e conducindo). Tras isto marchamos e a 100 km atopamos novos postos a pe de estrada, esta vez, xente vendendo mel (todolos productos teñen moi boa pinta). Tras cruzar a fronteira uniusenos de novo o equipo asturiano e compartiu con nos todo o dia. Andivemos moitos kms de mais, xa que o camiño mellor para chegar a Almaty (antiga capital) e cruzando por Kirsgystan, mais como non temos visado temos que bordealo. As estradas son moi pecaminosas, e novamente rompe a cincha do teito que suxeita as rodas debido as vibracions. As estradas varian con desniveis de 12% continuos, e novamente a paisaxe cambia, nesta ocasion rodeannos montañas nevadas de 4000 m de altitude cando nos estamos encharcados pola suor. 20:15 h coma a posta de sol e realmente preciosa, paramos a facer unhas fotos, neste intre, achegase un pai a lomos do seu cabalo co seu fillo de 2 anos no colo, detense a falar con nos e tras regalarlle uns detalles o neno, o pai indicanos que subamos a pasear no seu cabalo, tras isto chegaron mais membros da sua familia e pasounos algo maravilloso que nunca esqueceremos: sen coñecernos de nada e tras falar case nada con nos, invitaronnos a sua casa, nos sorprendidos co detalle quedamonos paralizados, pero o home insistiu subiuse no coche con nos e que tiñamos que ir a sua casa. Fixemolo, o chegar ali presentounos a sua familia (4 irmans, muller, dous fillos e cuñada) mostrounos que tiña gando (vacas, cabalos, ovellas e camellos) e que coma ofrenda aos convidados, é dicir, nos, matarían un cordeiro para cear. Nun principio creíamos que o cordeiro o tíñamos que matar nos xa que un dos asturianos lera que esa era a tradición, pero finalmente fixerono eles (menos mal, xa que se o tiveramos que facer non nos gustaría moito e a eles se non o fixeramos non lles parecería ben): Matárono canda nos e sorprendeunos o pouco sufrimento que demostrou o animaliño, quedou tranquilo esperando o seu fin sen nengún tipo de oposición (nos esperábamos algo máis parecido as matanzas en Galicia, pero foi moito máis tranquilo). Ünha vez morto e colgado o animaliño, Édgar axudou a quitarlle a la e sorprendeuse da gran temperatura que aínda tiña o animal. O noso anfitrión, despedazou o cordeiro en 20 minutos e a súa dona e cuñada ían preparando todo para cociñalo. Despois disto, leváronnos para a casa, alí, tivemos que lavar as mans cunha auga que eles nos botaron cun caciño e posteriormente tiña unha entradiña na que nos descalzamos para acceder a vivenda (a casa non tiña portas e todo se pechaba do exterior por simples cortinas). Unha vez dentro da casa, amosounos o pouco que nela había, a sua habitación, coas cunas para os nenos, a sala de estar que era onde preparaban a comida e o salón comedor que foi onde xa estaba preparada a mesa con aperitivos para o tempo de espera mentres se cociñaba o cordeiro (todo estaba cheo de alfombras e sen sillas, a comida fíxeso no chan). Entre os aperitivos, o primeiro que nos ofreceron foi leite de egua que realmente nos pareceu tremendamente agria e forte e todos probamos para non molestalos (eles a ofrecen coma un ben moi preciado xa que Gengis Khan a tomaba para estar moi forte e eles tiñan raices dél-puxéronnos na tele un documental da historia do seu país no que aparecia Gengis Khan). Trala leite, chegou o té (chai para eles) e iso si que nos fascinou, tiña un sabor explendido e moi apetitoso. Ao mesmo tempo, riba da mesa tiñan cantidade de doces para ir picando (ao contrario que nos, primeiro toman o que nos tomariamos coma postre e despois o que nos entendemos por comida). O mesmo ocorre có alcohol, todos tivemos que probalo (vodka) e os compañeiros asturianos, coma mostra de agradecemento regalaronlle unha botella que tiñan de whiski e inmediatamente houbo que comezar a tomar chupitos con eles e tras cada un tiñan un preparado de tomate e pepino para evitar o calentón. Despois de todo este tempo no que o home demostraba a súa cultura, sendo capaz de manter conversas connosco a pesares das diferencias lingüísticas e aprendendo os nosos nomes en menos de nada, chegou a hora do cordeiro, estaba presentado con cebola únicamente e o seu sabor era explendido. As súa dona mentres tanto, nos enchía os pratos e non comezou a comer ate que todos rematamos, pero realmente, non era que fosen dunha extrema crenza relixiosa e as mulleres convivían connosco tódolos momentos (máis ben parece que o fixeron por educación ante nós). Unha vez rematada a cea, comezou ao igual que en toda boa cea galega, o tempo da música e as cancións, nos cantámoslles o Asturias patría querida cos asturianos e A Rianxeira, o Himno Galego e Sementar Sementarei, mentres eles cantaban as súas cancións tradicionais (era o que o home chamaba un intercambio cultural Galicia e Asturias-Kazajstán). Por último, as mulleres recolleron e apartaron a mesa e comezou o momento "discoteca", no salón comedor poñían música a traverso da tele e todos a bailar ate que deron as 2 da mañá e dixemoslle que estabamos cansos e que necesitábamos ir a durmir. Nese intre chegou a última sorpresa da noite, nos pretendíamos acampar nun terreo do lado da súa casa e él nos dixo que non, que estabamos nunha casa kazaja e tiñamos que durmir dentro da casa, polo que nos preparou cunha especie de colchas, un chan almohadillado e alí onde cearamos, pois nos botamos todos a durmir no que foi unha noite inolvidable para as nosas vidas. É incrible o que pode cambiar a vida nun intre e que unha simple foto que íamos realizar coa fermosa posta de sol, poidese rematar con esa explendida hospitalidade.

Día 23: Almati. Hoxe o día comezou coa despedida do noso anfitrión e de tódala súa familia, foi un momento moi intenso e de gran agradecemento pola nosa parte no que incluso nos permitiu asearnos cunha bomba de pozo manual que alí tiñan (entre tódolos alí presentes decidimos darlle unha pequena cantidade económica para devolverlle dalgún xeito o animal que sacrificou para nos e lle entregamos 40 € cós que él quedou moi satisfeito). Unha vez en ruta e a pesares de que dentro do que cabe, as medidas hixiénicas non eran malas de todo, nos decatamos de que novamente voltamos a estar de diarrea. Fixemos unha viaxe moi tranquila ate Almati e eiquí entre o bullicio da gran cidade perdimos o contacto cós asturianos que ían máis rápido que nos. Agora mesmo estamos a piques de deitarnos para mañá voltar con toda a forza a adentrarnos en Kazajstán camiño da fronteira rusa.

Esperamos que vos gusten as nosas vivenzas. A partires de agora e ate a entrada en Mongolia, tentaremos actualizar a diario. Esperemos que sexa posible.

Saúdos, os catro tolos de Scratch Galicia.

Máis fotos: www.flickr.com/degaliciaamongolia

6 comentarios:

  1. Hola a todos, especialmente a Edgar, que tal día coma hoxe, foi forzado a sair da tripa de súa Nai, polo médico Espinosa Marino. Que desexando iniciar as vacacións provocou o parto un día antes do que a natureza estaba facendo. Deso ai 29 anos. Tamén porque túa Nai non quixo ir a Londres, para que, poideses estar ai, demostrando o moito que vales. Sin desmerecer a Fátima, Chus e Noé. Pero oxe é o teu día. Feliz cumpreanos, Edgar. Bruno che canta o cumpreanos feliz e Noa bicos dende Tarragona. Vigo-López Family.

    ResponderEliminar
  2. Parabens para Tí, noso Edgar querido. Moita felicidade, moitos anos de vida.
    É un rapaz excelente, é un rapaz excelente, é un rapaz excelente e sempre o será................

    ResponderEliminar
  3. o que non vos pase a vosoutros ejjeej
    weno felicidades edgar !!! a seguir asi porqe a mongolia imos todos
    ANIMO!!

    ResponderEliminar
  4. Primiñoooooooooooooooo moitas felicidadessssss!!!! bennnnnnnnn!!!!! Joba que guay a historia da familia kazaja.. que ben atopar xente asi, e esa noite sobre colchas para vos seguramente foi un gran apoio!! Sen máis un bico enorme da tua family das Chousas :P


    PD: Édgar.. 29.. puretaaaaaa!!!!!! hehe

    ResponderEliminar
  5. alegrome moito de que as cousas os vaian ben

    Edgar moitisimas felicidades e que cumpras moitos mais

    Un saudo Nayen e Tamara

    ResponderEliminar
  6. Muchas felicidades Edgar!! y que cumplas muchos más!!

    Y para todos: Mucho ánimo que ya os keda poco y lo estais haciendo muy bien!!

    Muchos besos!!

    Vero..

    ResponderEliminar