29 de julio de 2009

Día 14: Kazajistán




Ola a todos! Xa é pola mañá, aquí son as 11:45 horas e se nos acaba o tempo de cama e ducha (como vedes o estamos a aproveitar ao máximo (que gusto! Ademáis de lavarnos nos, lavamos tódala roupa na bañeira).
En 15 minutos sairemos rumbo Kazajistán e esperamos poder pasar a fronteira con menos atrancos. Aquí está a chover un montón, pero a temperatura é moi alta. Onte, camiño de Astracán, xa nos atopamos coas primeiras vistas casi desesrticas da estepa kazaja-rusa e a calor comeza a apretar (35º). Esta zona parece o lonxano oeste das pelis de vaqueiros, con pobos sen asfalto e os espazos centrais para os rebaños. Están tódolos pobos pechados de valados de madeira, moitos deles en moi mal estado e se produce unha mestizaxe brutal entre habitantes totalmente loiros e rubios e os que xa teñen rasgos asiáticos (vese que todos conviven en total armonía). Estamos animados, pero realmente tras durmir nunha cama nos demos de conta da falta de sono que temos (4 días seguidos nos seicentos e durmindo só 4 horas ao día para conducir 10 horas, mallan a un).

En Kazajistán esperamos seguir tendo a cobertura para ir actualizando diariamente. Se non é así o faremos cando cheguemos aos pobos e teñamos cibers (din que os hai), pero non imos adiantar acontecementos.

1 comentario:

  1. Holaaaa Hola!!!

    Yo solo de leer el ritmo de vida ke teneis estos dias ya me canso......pero tambien tiene ke ser increible lo ke estais haciendo, y sobre todo la finalidad.

    Mucho animo, y sabeis ke desde aki os estamos apoyando y mandando todo el animo posible.

    Un besiño y abrazos!!!!

    *Iovana*

    ResponderEliminar