24 de julio de 2009

Día 9
















Ola a todos! Actualizamos a situación nestes intres:










Scratch Galicia Norte (Édgar e Fátima), estamos en Kiev para que mañá(por fin, e non o luns como nos dixeran nun principio) nos entreguen en TNT o paquete coa documentación do outro Fiat Seicento. En teoría a oficina abre as portas ás 8:00 horas e tras conversas coa embaixada española eiquí, decidimos contratar a un taxista por uns 20 euros para que nolo entregue e non ter que meternos na cidade dando voltas e perdernos; xa que os nomes como Kiev ou similares están nos dous idiomas e así é máis doado atopalos, o resto como pobos e nomes de rúa non, e resulta moi complicado atoparse . No tránsito ate aquí xa nos atopamos cós primeiros problemas con policias locais. Atopábanse nunha autovía delimitada para 120 Km/h e nos pararon por ir a 98 Km/h nunha zona de 60 segundo eles (todos mentira). Póñense no medio e párante, nos mostraron unha especie de alcoholímetro pero era un radar de man, e tras dicirnos unhas cousas que non entendíamos pedíronnos uns 400 euros, como nos temos moita paciencia esperamos pausadamente ate que eles tras media hora ou así sin que lles soltásemos nada nos deixaron marchar. Falando onte con outros equipos do Mongol Rally, tamén nos comentaron as súas experiencias neste campo. A moral hoxe estivo moi alta xa que durmir nunha cama e ducharse nun baño, cousas normais para todos, agora nesta situación é un privilexio, e onte foi como unha recompensa que nos encheu de felicidade. A positividade nos invade, pois por fin as cousas se encauzan, maña recolleremos os papeis, voltaremos a Polonia, reuniremos todo o equipo, e marcharemos todos RUMBO A MONGOLIA!!!!





Ucrania é un país cheo de contrastes: dende ver tres limusinas Hummer en dous minutos ata toparnos con coches con buratos enormes nas chapas, similares os 124 españois. A xente da rúa é encantadora e ata os policias lles colles cariño tras estar con eles máis de media hora e comprobar que o uniforme non lles tapa nin o ombligo. A pesar de todo isto, cremos que Ucrania é un país digno de visitar noutras circunstancias, tranquilo con precaucións e con edificios dignos de ver; e mulleres moi fermosas (vai por ti Sergio, tentaremos fotografiar algunha).





As estradas son moi malas, e as boas están levantadas por obras, dentro dun ano será magníficas pero a día de hoxe, en máis de dez horas de conducción andivemos uns 400 kms, que mañá voltaremos facer para chegar a Polonia.





Scratch Galicia Sur: Noé e Chus, tras un novo intento de pasar a fronteira, desta volta por Bielorrusia, atopáronse coa negativa novamente, desta volta xa en Polonia, polo que tiveron que volver a cidade de Lublín a pasar a noite. Nestes intres estamos barallando as distintas fronteiras donde a toparnos, e continuar a viaxe como único equipo.





Hoxe nos entrevistaron en Radio Voz, e o poderedes escoitar mañá sábado ó mediodía , programa "Vamos como Motos". Chamounos o de Radio Marca para entrevistarnos, pero non sabemos si por falta de cobertura(nos cremos que a tivemos todo o día) pois o final non contactou no programa.





E isto é todo polo momento, mañá máis e mellor, grazas por estar ahí










Fotos: Palacio da Ópera de Lviv e o maquinón, Édgar e bus típico en Lviv, Fátima con fame, Tensión e entrada en Kiev.

1 comentario:

  1. Eso eso que tanta foto de coches viejos que queremos ver "carrocerias" mas modernas, con doble airbag y una buena trasera. Jeje!!!
    Suerte y tener mucho amor...

    ResponderEliminar