3 de agosto de 2009

Dia 18 e 19: Uzbequistan

Ola a todos, nestes intres atopamonos en Samarcanda, xa pasamos por Buhara e Khiva e mirando o plano, xa estamos a 100 km da China, incrible, non?

Nestes 2 dias a calor apreta de mala maneira e nos estamos atopando con 40 graos continuamente. Fumos a visitar varias cidades uzbecas e nos estamos atopando cunha sociedade moi amable e agradecida. A pesares da sua pobreza, mezclanse connosco e incluso acabamos de estar nun convite dunha boda bailando coa noiva e con todala sua familia. Durante estes acontecementos, temos varios momentos para sulinar coma foi a felicidade dos nenos cando lles entregamos uns boligrafos e que sairon correndo con eles a mostrarllos a sua familia coa cara de felicidade mais grande que nos recordamos. Ademais disto, no alto dun minarete en Khiva, conecimos unha parella que se estaba a preparar para a sua boda e coincidencias da vida, cando saimos da cidade e preguntamos a direccion no que tinamos que ir, apareceronse eles e finalmente tras pedirnolo, montaron con nos nos coches e os levamos ate a sua casa (estes seicentos van sobrados e incluso, sendo biprazas, pois subimos a xente e fumos 3-para os rapaces de eiqui iso e o mais normal). Demoslles comida e comeron coma se nunca o fixeran e finalmente Noe regaloulle unha navalla multiusos xa que o rapaz o mirou coma o mellor invento da historia e o levou contentisimo. Mercamos un melon tras deixalos rapaces e cando estabamos comendoo achegaronse unhas senoras as que lles ofrecimos melon e comeron con nos gustosas (vinan de traballar na sua colleita polo que nos comentaban, pero elas poucas veces podian comelos).

No transcurso deste traslado por Uzbequistan, nos atopamos co noso primeiro gran problema de abastecemento de gasolina. Ao sair de Khiva, non lle fixemos caso a Fatima de repostar, pensando que haberia sen problemas abastecemento polo camino. Resulta que non era asi e que entre as cidades que atravesamos (de Khiva a Bukhara) so existia un deserto e algun pequeno pobo sen gasolineira. Cando xa estabamos a piques de quedar en reserva, comezamos a preocuparnos e ao preguntar nun pequeno pobo, achegouse un home con pinta de macarra do lugar a dicirnos que el tina gasolina para vendernos. Nun primeiro momento pasamos del, pero tras preguntar a unhas persoas que estaban paradas na estrada (hai que darse de conta de que era de noite) e grazas a que a filla falaba un correcto ingles, nos foi traducindo, resulta que aquel home era como a gasolineira de emerxencia do pobo e que habia que pagarlle a el ainda que vendese a gasolina moito mais cara. Voltamos onda el e nos levou ate a sua casa (nos estabamos algo preocupados polo lugar no que nos metia e no que comezaron a aparecer moitos homes, pero finalmente vimos que tinan a mesa montada nun lateral da casa para a cea) e ali tina unha cantidade de garrafas enorme que tras meter nunha garrafa de auga que nos tinamos vacia, e coa axuda dun embudo, poidemos solventar a papeleta e desfrutar do noso camino co ouro negro.

Despois dos 285 km ate Bukhara por unha estrada comida polo deserto e con so un carril para ambolos dous sentidos, nos deitamos a durmir as 2 da mana no medio da cidade nunha zoa universitaria (terrible esa universidade polo seu estado lamentable sen cristais.

Trala noite na que case non fumos quen de durmir (mais de 30 graos as 5:30 da mana), aproveitamos a mana para visitar a cidade vella patrimonio da humanidade e a iso das 12 trasladamonos cara Samarcanda (260 km a 40 graos). Por certo, antes de sair, fumos ao banco a cambiar cartos e incluso eiqui e necesario negociar o tipo de cambio, sempre queren pagar de menos do que tenen estipulado. Cada 30 km temos controis policiais con barreira e bandas rugosas , pero nos cales os guardias so nos preguntan o noso estado e nos deixan continuar. Este camino hacia Samarcanda 'e un oasis con zoas verdes eo caron da estrada e grandes montanas de area ao final desta zoa de regadio. Samarcanda e unha cidade moi fermosa e na que nos atopamos con moitos equipos do Mongol Rally que coma nos, estan eiqui para facer entrega de material de primeira necesidade. No noso caso, a organizacion considerou mais axeitado que o noso material de gafas grauadas de Alain Afflelou, sexa entregado en Mongolia xa que e onde tenen mais necesidade polo alto numero de orfanatos. E ese e o nos obxetivo, A Mongolia Imos Todos!!!!!!!!

P.D1: Falando con outros equipos nos estamos a decatar de que somos dos poucos que nos desprazamos sen GPS (todos levano camuflado en Kazajhstan), e iso ainda nos fai considerar a nosa fazana coma algo moito mais importante, xa que o noso desprazamento e grazas a integracion coa poboacion local. Saudos.

P.D2: Agradecer dende eiqui a Antia da Voz polo artigo que publicou e a Orriols pola reportaxe escrita que realizou. 

Grazas a todos por estar ahi e esperamos ao voltar a Kazajhstan pasado mana o poder actualizar novamente a diario. Anima moito ver as mensaxes que nos publicades no blog xa que e o unico xeito de ter contacto con vos e saber que cada dia somos mais.

10 comentarios:

  1. Rediós!! Ides como fojetes

    Manda carallo que aquí a xente non se implica en nada e fala do tempo por falar de algo e que a xente canto menos ten, mellor se porta. Debe de ser emocionante.
    Seguir a darlle duro, que parece que xa non queda nada.

    Saudos, Pegha

    ResponderEliminar
  2. Animo, nos dades moita envexa chea de ledicia, polo moito que esta viaxe vos fai aprender en tan pouco tempo. Ainda que xa temos gañas de abrazarvos agradecemos moito o tempo que nos adicades en canto vos e posible. Moitos bicos.
    Papi e mami.
    Vigo family.

    ResponderEliminar
  3. vos dias familia, muy voas as cronicas que contades. Vemos que xa tedes amigos por esas terras lexanas.
    s2 desde Rota

    ResponderEliminar
  4. Amigos estades dandome unha envexa moi grande e moi sana. Que suerte poder estar ahi, axudando a xente que realmente o necesita. Ten moito merito como decides de facelo sen GPS, e como ven dis acercandovos os pobos e falando ca xente vades abanzando.
    Un saudo moi grande pa Edgar Fatima e pos vosos compañeiros!
    Pasadeo ben!!

    ResponderEliminar
  5. Ola a todos!acabamos de chegar a Tashken, capital de Uzbekistan para mañá cruzala fronteira, pola mañá actualizamos e vos contamos como foi o dia de hoxe.
    Moitas grazas por estar sempre ahi
    saudos
    Scratch Galicia

    ResponderEliminar
  6. hola amigos despois de seguir vosa experiencia unica, animome a escribirvos para darvos animos, en estes poucos dias que quedan un saudo desde lalin
    xoselois e familia

    ResponderEliminar
  7. Ánimo, Fátima.
    Besos de todos los de Avilés.

    ResponderEliminar
  8. ánimo y besos a todos.Ya falta menos, aunque no se yo, si las ganas de volver son muchas .Nosotros nos divertimos y asi conocemos como es el mundo y las personas con vuestras crónicas y fotos.gracias y muchos besiñosss

    ResponderEliminar