12 de agosto de 2009

Día 27: A Mongolia Chegamos Todos!!!

Ola amigos, xa estamos vendo territorio mongol!!! Estamos diante da fronteira. Grazas a todos por acompañarnos día a día.

Durante o día 27 tocounos o transporte dende Barnaul ate a fronteira mongola. Nun principio, creíamos que o percorrido sería de entre 300 e 400 km (por un plano que manexaban outros equipos), pero a nosa primeira decepción chegou cando vimos que o primeiro dos pobas polos que tiñamos que pasar, estaba a 250 km. Ao final, foron 700 km en total, e necesitamos 13 horas de conducción continua ate chegar a Mongolia (non faltaba nada, pero os km fixéronsenos longuísimos).

A noite anterior pasamola nun hotel (para xustificar que si gastamos en Rusia e que nos deixen sair do pais)Como xa vos contamos o día anterior o de ir o hospital, decidiramos ir a este hotel que creíamos nos 300 km de distancia a fronteira, unido ao malestar físico de todos nos (agora Chus tamén ten diarrea), finalmente saimos de Barnaul as 16 horas(aqui os hoteis son por 24 horas, non hai que deixalos as 12). Nun primeiro momento, esperabamos chegar antes de que anoitecera xa que as nosas forzas non estaban para conducir moito máis tempo. Comezamos a viaxe e a hora da saída cun día de sol radiante, comeza a pecharse o ceo totalmente e a chover. As 2 horas de viaxe, uha roda do equipo norte, a que xa fora amañada en Volgogrado, comeza a perder aire. Eran as 6 da tarde, pero xa non fumos quen de atopar un taller de rodas aberto, así que ao ver o que creiamos era un concesionario VAZ, paramos. Finalmente era unha tenda de recambios sen taller e o que fixemos foi mercar un inchador de aire e darlle aire a roda.

Durante o percorrido, achegámonos pouco a pouco a unha cordilleira que teriamos que atravesar e comezamos a desfrutar dunhas paisaxes moi fermosas (parecía Galicia, se non fora polas casas distintas e pola cantidade de persoas que estaban a vender setas na estrada). Pouco a pouco a noite veu sobre nos e as pendentes do 12% convertíronse na tónica habitual, nunha estrada pola que prácticamente non pasaban vehículos. O problema do día chegou a iso da 1 da mañá, cando chovendo a chuzos e no medio da nada, a roda que perdía aire terminou por ceder e alí tivemos que baixar a cambiar a roda do coche. Puxémonos coma pitos e unido a distancia que non daba pasado, fíxenos pasar momentos malos e de tensión, pero o noso obxectivo cada vez estaba máis próximo, Mongolia xa se ulía,gg. Finalmente, a iso das 5 da maña chegamos a fronteira sen saber se o era realmente, xa que o que nos tiñamos marcado coma cidade previa ao final foi un pobo que nin vimos (a presenza de máis equipos coas tendas de campaña montadas foi o que nos serviu de confirmación).

Por certo, unha das sorpresas que levamos foi que ao levantarnos as 8 da mañá, o lugar no que nos atopábamos(pola noite non se veía nada) era un deserto absoluto e o frío que aquífai e terrible. Agora, estamos a esperar a que abra a fronteira as 9 horas e por fin, ENTRAMOS EN MONGOLIA!!!!

Saúdos dos 4 tolos de Scratch Galicia.

17 comentarios:

  1. sodes uns heroes ,na xupa de alicia xa estan pensando en facervos un manolito ou unha estatua,ejejejesodes os mellores exa queda ....nada que estedes de volta,un saudo po mongol ras.

    ResponderEliminar
  2. Vamos chicos!!!

    Un saludo

    Borja

    ResponderEliminar
  3. Despois de todo o que levades pasado, xa non vos queda nada.

    Calma e paciencia.Pegha

    ResponderEliminar
  4. cómo podéis ser tan garrulos de, sabiendo que os podría leer mucha gente de todo España, escribir en gallego?

    qué lástima...

    ResponderEliminar
  5. voas chicos, xa teredes os ollos rasgaos, non?
    moy ven todos vemos Mongolia!
    VIVA o GALEGO!!
    BICOS DESDE ROTA!!!

    ResponderEliminar
  6. Os deseo mucha suerte en la frontera, he leído en el blog de otro participante español que después de varios días intentando entrar sin que se lo permitiesen terminó desistiendo... Confío en que las dotes de negociador de Édgar den sus frutos en este último escollo en el camino!


    Al del gallego, esto no es un blog con fines comerciales así que pueden escribir como les salga de las narices... Vale que a lo mejor si estuviese todo en castellano lo seguiría más gente, pero eso es decisión suya no tuya; aquí el único garrulo eres tú escribiendo un comentario tan ofensivo.

    ResponderEliminar
  7. Alégrome que xa etedes en Mongolia, ou casi. Foi unha aventura incríble e agardo poder falar con vos para o programa de radio do domingo, xa que este, saiu o que fixeramos en Maniños. Sodes uns fenómenos e contades moi ben as vosas aventuras. Unha forte aperta. Orriols

    ResponderEliminar
  8. Mira neno, é normal que Scratch Galicia fale galego. Se non o entendes
    http://translate.google.com/

    ResponderEliminar
  9. Se de todo o que hay no blog só te preocupas porque esté en galego, é que realmente impórtache unha merda o que fagan.

    Escribindo iso, a verdade, demostras ser moi pouco intelixente porque se o foras non faltarías ó respeto Iso sí, a que seguro que entendiches isto?

    Pobres, o castelán está en perigo, non te jode...

    Ánimos rapaces, disfrutade da aventura e contala como queirades, a quen lle importa de verdade se preocupa por vos e non polo idioma.

    Saudos, Pegha

    ResponderEliminar
  10. moita sorte xente xa queda menos!!!

    Sersogho

    ResponderEliminar
  11. Sorte que non queda nadaaaaaaaaaaa!! :P

    ResponderEliminar
  12. Animo chicos,
    Sois unos valientes y ya os queda poquito para llegar al final. Por aqui tenemos muchas ganas de que llegueis a Galicia para que nos conteis en persona semejante aventura.
    Un besote muy gordo.

    Joana

    ResponderEliminar
  13. buenoooo, ya no os keda nada!!! si señor! Espero con ansias los ultimo capitulos de esto que podria ser un libro :D ... bueno garrulillos, (como dice algun ignorante por ahi arriba) muchisima suerte y abrazo muy fuerte!

    ResponderEliminar
  14. Piano piano chégase lontano, que fenómenos os Fiat seiscentos. Quen o ia dicir antes de sair. Grazas a que vades dispacio podedes aprender moito e ter unha experiencia inigualable, que non se vos vai olvidar na vida. Pois non existe nada mellor que viaxar polo Mundo ancho e alleo i en Paz.
    Moitos bicos ós 4.
    Vigo Family, dende Pontedeume.

    ResponderEliminar
  15. queridos tios estoy muy contenta con lo que estais haciendo , tengo ganas de veros pronto .un beso muy grande desde tarragona, lo estoy pasando muy bien.....

    ResponderEliminar
  16. si al final habra que comprarse un seiscento...ja ja ja

    animo chavales y mi mas sincera enhorabuena por haberlo conseguido jiji

    ivan lareu

    ResponderEliminar