20 de agosto de 2009

Día 35: Entrega da axuda en Ulan Bator

Ola amigos, eiquí estamos de novo para comentarvos as nosas aventuras neste rincón do mundo. No día 35 dende que saímos da nosa terriña, tivemos ocasión de facer entrega na "village" de Cristina Noble Foudation, de moito do cargamento de menciñas, xoguetes e sobre todo gafas que grazas os nosos sponsors, poidemos entregar. A "village" é un lugar no que viven máis de 50 nen@s que proveñen das máis tristes situacións de vida (pais no cárcere, nais asasinadas, pais e nais alcohólico@s,...). Alí os nen@s, contan cunhas escolas e unha situación de vida moi digna para o seu desenvolvemento, ademáis de contar cunha escola de música moi importante, cun mestre que forma parte dos mellores directores artísticos de Mongolia (os rapaces fixéronnos unha demostración e o facían dun xeito fantástico, tocando todo tipo de instrumentos orientais).

Estes intres foron uns momentos moi interesantes nos que realmente démonos de conta da gran labor que tódolos equipos facemos chegando ate Ulan bator e en todo o percorrido. Eiquí deixamos a axuda que coa forza que nos dades todos foi entregada da vosa parte. A Mongolia Chegamos Todos!!!

Despois destes fermosos intres, chegou o tempo de trasladarnos de novo a cidade e entregar definitivamente os coches, recibindo da organización un diploma por ter conseguido o noso obxetivo. Comimos e nos trasladamos a buscar voos con destino a Galicia que considerábamos que non ía ser demasiado difícil. Pero o Mongol Rally, sempre depara sorpresas a cada paso e cando comezamos a buscar voos atopámonos con que os 800 participantes que estamos eiquí a día de hoxe, queríamos partir de eiquí os mesmos días, é dicir, canto antes. A pesares de que Ulan Bator é unha capital mundial, o tráfico aéreo eiquí non é moi fluído e tódolos voos de saída do país están cubertos ate o vindeiro luns 24 que será o día no que retornemos a Galicia. Foi un duro golpe para nos xa que todos temos que cumprir os nosos compromisos laborais, pero realmente é algo que nos colleu totalmente por sorpresa.

Polo tanto, ate a semana que ven, non poderemos comentarvos todas as nosas aventuras, de tódolos xeitos, eiquí continuaremos para informar.

Saúdos, os 4 tolos de Scratch Galicia.

7 comentarios:

  1. Hola chicos!

    me imagino que estareis deseando regresar a nuestra Galicia querida, peor pensar que lo mas duro ya pasó y sobre todo que conseguisteis vuestro objetivo!

    Muchas felicidades de corazon......

    Un abrazo a los cuatro.

    * Iovana *

    ResponderEliminar
  2. voas familia, eiqui estamos deseosos de recibiros!
    (eu digo familia a os catro)
    vicos desde Ferroliño do carallo!!

    ResponderEliminar
  3. Mima cantas fotos, bueno agora xa non vos queda nada, comparado co que botachedes na estrada, agora a coñecer mais o que hai por ahí, e nunha semana xa estades de volta para contarnos de todo. Un bico enorme para todos!

    ResponderEliminar
  4. Bueno por cumplisteis vuestro cometido,despues de tantas odiseas,asi que enhora buena, nos vemos pronto.besos

    ResponderEliminar
  5. desde Aviles y Santander seguimos vuestro recorrido, aventuras y desventuras, a todos nos ha emocionado, pero bien creiamos que no lo conseguiriais, viajamos con vosotros, pero desde casa, al levantarnos mirábamos a ver las noticias nuevas que teniais, sinceramente, enhorabuena, suerte en el viajes de vuelta, disfrutar lo que queda. besos Castrillon y Marisa.

    ResponderEliminar
  6. Enhorabuena chicos! lo conseguisteis( que conste que nosotros teniamos alguna duda,jejeje) pero al final lo hicisteis!!

    Muchas felicidades a todos! Un gran abrazo!!

    -- Vero--

    ResponderEliminar
  7. Noraboa ós catro! Un día para recordar sempre :)

    ResponderEliminar