18 de agosto de 2009

Días 31, 32, 33 e 34: Ulan Bator é nosa!!!!!!!! Conquistada.

Ola amigos! por fin podemos actualizar e contarvos mil novas a mais importante xa a sabedes pero imos ir paso a paso:

O día 30 rematou as 9 da noite (aqui xa é noite pecha) paramos nunha casa de adobe que atopamos no medio da nada e alí, unha pequena construcción con dúas ventanas(unha sen cristal) durmimos prácidamente no chan. Nela, vivían un matrimonio e varios nenos, que o entrar nos, pasaron a outra estancia. Onde durmimos, había unha pequena cheminea, e cordas onde tiñan a secar anacos de carne, ademáis a muller estaba facendo como un requeixo. É incrible que chegan 4 extranos á porta da casa cando xa marchou o sol, e esta xente ábrenos a porta da casa sen saber nada de nos e comparten o seu fogar, é algo que nos fai quedar a pensar...

Día 31: as 5:30 h nun frío mencer e con algunha gota sobre nos, comezamos unha nova etapa, novamente con moitos baches e buracos impasables, atravesamos enormes chairas coa única compaña de gando que xa está a pastar dende moi cedo. Novamente volve a romper unha cincha que suxeita as cousas do teito do equipo norte, mais xa perdimos a conta de cantas veces van! a enorme chaira co discorrer dos kms achégase pola dereita a unhas montañas e vemos paisaxes dignos de documentais, unha imaxe foi ver a 3 buitres (un deles enorme) comendo nos restos dun camello que pola pinta xa levaba varios dias alí morto. Nesta viaxe estámonos enriquecendo como persoas, ó convivir con outras totalmente distintas a nos, ver paisaxes incríbles e darte de conta do pequeno que é o mundo e cantas cousas da de sí. O estado dos camiños polos que circulamos é moi precario e as contínuas vibracións fan estragos no resto dos equipos. A medio día chegamos a Altaj, unha poboación grande, onde ó chegar vemos un taller do Mongol Rally onde se poden deixar os coches para a doazón. Neste, atopámonos 5 equipos mais e nos, aproveitamos as instalacións para realizar un cambio de aceite e revisión de suspensión (contado esto dende Ulan Bator, asegurámosvos que o taller visto o visto era o mellor do país, aínda que cando estivemos aló non o creíamos; todo é relativo dependendo do elemento da comparación). Cando marchamos chegan mais equipos do mongol, un deles un todoterreo que ven volcado tras caer o día anterior nun enorme buraco. Seguimos en ruta, sen atopar xente en moitos kms, co cal, adicámonos a desfrutar das fermosas paisaxes que nos rodean:enormes chairas, montañas redondeadas, rasantes de area,...e en todo isto sempre o silencio, Mongolia é un país que transmite relaxación e moita tranquilidade. Estamos a grabar unhas imaxes moi fermosas que á volta compartiremos, nun intre de grabar o espectacular de percorrer kms sen nada só coa area de fondo, saltou unha pedra o pasar o eqipo sur e estalou o parabrisas dianteiro do norte, mais por sorte quedou a cousa así e non rompeu o cristal. Este día rematou as 22 h acampando nunha preciosa noite estrelada nunha chaira case árida, as estrelas son preciosas e a cantidade delas fugaces fante quedar aparvado mirando hacia elas.

Día 32: as 6 h xa estábamos espertos, preparados para un novo día: As chairas seguen presentes e a area tamén, temos toda a pel reseca tanto da cara coma das mans, está moi agrietada e so levamos poucos dias, con razón os mongoles a teñen tan destrozada, o vento e o polvillo fan enormes estragos. Tras 3h cambiamos novamente, esta vez a un grandioso pedregal que fainos vibrar a nos mesmos, e achéganos a un río, grande reto da viaxe(xa cruzamos máis de 7 pero este pásase de profundidade). Falamos con veciños dos ergs e lévannos a zona menos profunda: a rodilla, eiquí topámosnos con 2 equipos que cruzaron onte, un deles vai montado nun camión pois estropeouse co intento. Tras moito meditar, Édgar falou co autóctono para atopar o modo de que alguén nos remolcase apagados e así cruzar sen problemas, tras un rato de conversa apareceu digamos que un tractoriño que foi a nosa solución. Preparámonos para elo, poñéndolle cinta americana nas xuntas das portas e no depósito da gasolina, así como botar CRC e tapar a distribución, mentres fixemos isto, achegáronse tódolos nenos dos ergs e fixéronnos compaña. O equipo norte foi o 1º en pasar, e tras arrancar á 1ª o cruzalo, o sur repetiu a mesma operación. Reto superado!!mentres colocábamos todo de novo no seu sitio, os nenos seguían canda nós organizados por unha rapaza, a maior de todos, ela era a encargada de colocalos en fila e repartir a cada un os agasallos entregados por nos (xoguetes e gafas de Alain Afflelou). En tódolos casos vividos en Mongolia, sempre hai un rapaz como encargado dos mais pequenos, mostrándose como un pai para organizalos e protexelos. Como xa era hora de comer, repartimos tamén comida con eles, e comían con moitísima ansia. A rapaza maior, non comía nada, todo o gardaba na camiseta e nos bolsillos, incluso o chourizo, foi incrible, os nenos comían moi rápido como con medo a que se esgotara. Cando marchamos a nena maior meteuse no erg con tódalas cousas, supoñemos que para compartilas cos seus maiores. Continuamos camiño, e paramos a fotografiar unha charca na que estaban a beber moitos camellos, nisto, chegou un rapaz de 14 anos no seu cabalo e vestido coa roupa típica con 500 ovellas tamén a beber, o rapaz tamén tiña a pel destrozada, regalámoslle unhas gafas de sol e flipou mirando para o sol e a verdade quedaábanlle moi ben. Tras todo isto, novamente cambiou a paisaxe e regresamos a buracos destrozacoches e pedras enormes, nun destes, o palier do equipo norte dixo basta, desolados, Édgar desmontou para ver como estaba a situación e como non podiamos montou de novo e marchou cara o pobo a buscar axuda para o remolque. Tras voltar sen conseguer nada, tivemos a sorte da vida, pasaron dous equipos ingleses que o vernos alí xa baixaron do coche para ver o problema. Os rapaces (3 homes e 2 mulleres) pararon e un deles xa baixou a ferramente e un gato hidraúlico e alí no medio da nada cambiouno en 50 min, parece mentira pero o rapaz era incrible, tras isto estar amañado, veuse que o baixo do coche tamén cedeu co cal non podemos andar (no impacto rachou o chasis). Novo revés que o equipo norte afronta indo cara o seguinte pobo a buscar un transporte que nos achegue a un taller, empregando o coche do sur. Mentres o ingles traballaba, Chus e Noé cociñaron unha pasta que finalmente desfrutamos e serviu de agradecemento o traballo dos ingleses. O chegar á cidade, negociamos cun home que ten un camionciño e que nos pode transportar, a simple vista é moi xusto pero él conta que non hai problema. Ó regresar onde está o coche e a parte sur, xa é noite, e para subilo tardamos case 2h (non contaban con rampas e pretendían subilo ao empurrón), a todo isto, rompen o radiador cun impacto contra o camión nun dos intentos (é mellor velo en fotos porque hai que velo para crelo). Cando se consegue subir, as rodas traseiras do seicento están case no aire, e polo lateral non hai case nen espacio. A suxección é unha corda, e dous neumaticos a cada lado para que o costado do coche non roce coa baldera. Facemos o transporte co equipo sur detrás, Édgar na cabina e Fátima dentro do coche para entre todos comprobar que nada se solte, nos a maiores engadimos unhas cinchas para mais seguridade. As 00h chegamos ao pobo e o mecánico dinos que ata o dia seguinte non traballa, así que quedamos a durmir na sua casa, erg, e comprobamos a diferencia dun erg de montaña e un de cidade. Básicamente son iguais pero este con maís comodidades e limpeza.

Día 33: as 7h xa estabamos listos para comezar, baixouse o coche por medio de duas rampas de madeira, esta vez Édgar dentro do coche e funcionou. Soldaron a parte baixa do coche e mentres Chus e Fátima marcharon buscar un taller do mongol, tras case duas horas de busca e non atopar nada, tivemos a sorte de falar cun policía e á vez cunha rapaza que falaba inglés e o seu marido español, e así consegumos un mecánico de realidade que nos arreglou o radiador (o outro era o chapucillas do pobo que non tiña nin ferramenta), non sen antes traslador novamente o coche, esta vez arrastrado por un todoterreo cara o seu taller. Aquí o home con pasta de dous compoñentes e polvo de plata amañounos o radiador, botounos valvulina e as 18h conseguimos sair co coche novo. Para recuperar o tempo andivemos sen descanso ata as 3 da mañá, a un ritmo lento pois atravesamos novamente montañas, onde xa paramos rendidos e durmimos no propio coche.

Día 34: Hoxe foi un longo día, as 6.30 h xa estabamos preparados, tras revisar os coches e comprobar que todo estaba ben, proñémonos en ruta e tras varios kms de camiños malos nas chairas chegamos a unha "peaxe" onde pagamos 500 T e tras poucos kms apareceu o asfalto!!!Enchéusenos a cara de felicidade, Ulan Bator xa estaba preto!!e tras case 600 km chegamos á cidade, non sen antes desaparecer o asfalto a intervalos de mais de 40 kms pero chegamos. A impresión é moi rara, é unha cidade moi triste, gris, con casas, ergs e pouco mais. Seguimos e aparace unha "avenida"onde a xente circula apelotonada e sen un carril definido, parece que todos se rozan. Pasaron 3 pasos a nivel, e parece incrible pero por un espacio para un coche pasaban 3, quedando no medio sen ver nin a un lado nin cara o outro e con coches adiante e atrás, eramos un bocata!tras isto, pasamos por debaixo dunha ponte onde había unha estatua de Gengis Kan sobre o seu cabalo cunha bandeira de tela, e por fin, co plano na man chegamos a línea de meta. Unha satisfacción interior encheunos a todos, por fin estabamos aqui, os dous coches do equipo chegaron, sendo os mais pequenos e tras 34 días e máis de 15000 km chegamos. Son as 00.30 h e mañá as 10 h iremos visitar os orfanatos e proxectos que Mercy Corps ten eiquí para facer entrega en persoa de todo o material. Mañá continuaremos informando, colgando fotos, non sen antes agradecervos que todo este tempo estiverades pendentes do equipo Scratch Galicia, lendo e comentando a diario sentimos nos actualizar tódolos días, pero realmente as comunicacións foron bastante precarias e ainda que o tempo non nos deixaba contestarvos persoalmente a cada comentario, queremos transmitirvos de corazón que cada palabra dábanos un pequeno empuxón para avanzar hacia Ulan Bator, algo que hoxe se fixo realidade e que físicamente fixemos catro persoas pero de corazón moitísimas, asi que grazas e estes días iremos colgando as mais de 4000 fotos que temos entre todos así como o vídeo e con mais calma contar todo o acontecido durante toda a viaxe.

Un saudo moi afectuoso do Scratch Galicia xa dende Ulan Bator!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!1

12 comentarios:

  1. Enhorabuena. Qué emocionante y qué envidia la experiencia vivida!!!

    ResponderEliminar
  2. Q grandes sois!!!!FELICIDADES CAMPEONES!!!

    Borja

    ResponderEliminar
  3. ahhhhhhhh!!!!!!!!!!!!

    Estos dias sin saber nada de vosotros.... buffff!!!

    Parabens!!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Noraboa, sodes fantásticos. A partir de agora o que queda e gozar contanbdo a vosa incríble aventura. Todos vos agardamos en Galicia antes do domingo. Apertas para os homes e bicos para as mulleres. Orriols

    ResponderEliminar
  5. A CO JO NAN TE!!!!

    Moitas gracias por contarnos esta aventura, e felicidades por todo o que vivistes.

    Saudos, Pegha

    ResponderEliminar
  6. ENHORABUENA CAMPEONES!!!
    SODES GRANDES, e máis O SOMOS TODOS QUE IBAMOS CON VOS!!
    ARRIBA A FIAT!! para que logo teñan tan maliña fama!!
    MOITOS BICOS esta vez dende FERROL!!

    ResponderEliminar
  7. nora boa campeons.sodes os mellores.un saudo da escuderia compostela en pleno.david

    ResponderEliminar
  8. Enhorabuena chavales, sabía que lo conseguiríais. Gracias por compartirlo con todos los que tuvimos que quedar por aqui. En cierto modo nos habeis permitido viajar con vosotros.
    Espero que el viaje de regreso sea mas rápido y cómodo. Nos vemos pronto. Un besote de Lucas, Antón y Rosa.
    Y otro mío.
    Javier

    ResponderEliminar
  9. Enhoraboa rapaces, sodes unhos cracks. É increíble o que levades pasado dende que vos despedín en Barcelona. Gracias novamente por compartir as vosas experiencias e facer que vos sigamos día a día dente aquí. Como xa vos dixen en Barcelona, vémonos no rallye de Ferrol se é que volvedes antes. Un saúdo campeóns.

    ResponderEliminar
  10. sumome a todos dandovos a miña mais sincera enhoraboa aqui nos tuvestes pegados esperando vosas noticias todo este mes en saudo... rosa xose e luismy

    ResponderEliminar
  11. FELICIDADESSSSSSSSS OS ESPERAMOS

    ResponderEliminar