26 de julio de 2009

Dia 10: Reunificación

Ola amigos Scratch Galicia Norte e Scratch Galiciqa Sur xa voltan a estar unidos de novo.

Hoxe foi un dia de moitas aventuras.Todo comezou as 8 da maña, cando dende a recepcion do Hotel que nos recomendou a embaixada nos chaman para dicirnos que en TNT xa non teñen a documentación e que tiña que baixarlles os 200 grimas (sobre 20 euros) para o taxista que foi ata a oficina de TNT. Logo nos comentan que segundo TNT, os papeis xa os tiñan na embaixada dende o venres as 16 horas. Logo disto, chamo a Ivanka, traductora da embaixada española e que se portou moi ben con nos. Ela chamou de novo a TNT e ao personal da embaixada e finalmente apareceu o paquete na embaixada. Logo disto Ivanka comentounos que a iso das 12:30 horas ívase achegar ate a Embaixada un policìa español alí destinado, para abrirnos a porta e entregarnos o paquete (isto é moi de agradecer, xa que a embaixada pecha nas fins de semana). Unha vez recollido o paquete e celebrada a súa obtención collimos xa rumbo a fronteira na que quedamos con Noe e Chus.

A viaxe desta volta facíase máis curta e nos sorprendeu toparnos de frente con alomenos 4 equipos máis, e dicir, so nos han levar un dia de vantaxe a pesares de perder nos 3 dias en total. O máis curioso de todo foi que cando nos cruzamos cun Fiat Seicento duns ingleses, lles pitamos, como facemos sempre que nos atopamos os distintos equipos, sen decatarnos que estaban parados pola policía, có cal, a nos tamen nos pararon. Estiven durante 20 minutos no coche da policia e tras decatarse de que non era capaz de facerse entender comigo, deixoume marchar (falándolles en español, póñense nerviosos e ao final te soltan por impotencia). Nese intre que estabamos parados no control apareceu en moto un rapaz de Barcelona que nos comentou que él viña de visitar Mongolia nunha viaxe que comezou o 5 de maio. Falounos do impresionante que foi todo o vivido e que él ao ver a nosa matrícula, non o dudou e parou a saudar xa que levaba 2 meses sen falar en castelán. A verdade que foi sorprendente ver a unha persoa facer toda esa viaxe de ida e volta nunha moto solitariamente.

Por último, tocou o trámite da fronteira. Ao chegar nos topamos cunha cola de 1 día e entón fumos a falar co primeiro militar existente no lugar que nin corto nin perezoso xa nos pediu cartos para saltarnos a cola, Nun principio, nos pedía 40 euros e nos non aceptamos, pero vista a situación de tempo perdido, decidimos ofrecerlle 10 euros que él encantado colleu rápidamente e nos deixou pasar toda a cola. Despois disto chegou o seguinte paso que foi o de explicarlles que nos so queriamos pasarlles a documentacion a Noe e Chus pero que non queriamos abandonar Ucrania. Tras facer esta negociacion Fatima (se esta a convertir na experta do grupo), conseguiu que tamén nolo permitisen (hai que recoñecer que en contra do que nos dixeran nun primeiro momento, os oficiais en Ucrania estan sendo moi amables, e é entendible a sua necesidade de cartos-un soldo medio é de 200 euros e aquí os prezos non son moito mais econòmicos que en Europa). Tivemos que pagar 10 euros de novo por ese trámite e conseguimos xa pasar a fronteira xuntos.

Agora mesmo, son as 2:19 horas en Ucrania (unha hora mais que en España) e estamos no coche tentando recuperar algo do tempo perdido. Imos durmir a 300 km de Kiev mais ou menos). Neste traxecto nocturno voltou a paranos a Policía.e tras ver que non eran capaces de comunicarse, nos deixaron libres

Bueno vos deixo que vou de copi e me estou quedando durmido. Saúdos

7 comentarios:

  1. Moito ánimo e que todo vos siga resultando tan entretido como ate o de agora. Xa túa nai está pensando en facer esa viaxe. Moitois bicos.
    Vigo-López famyli.

    ResponderEliminar
  2. muy bien nos alegramos de que todo os valla bien. Vlla rollo que teneis con los policias, a ese paso no os paran más, NEGOCIADORES!!
    S2 Y bicos desde Rota.

    ResponderEliminar
  3. Venga chicos, que disfruteis, yo queria estar ahí con vos, os sigo por el blog y voy calculando por donde estareis, por cierto (recuerdö a Edgar que Turquia si tiene frontera con Iran). Bye.
    Brasi.

    ResponderEliminar
  4. En vez de falarlle á poli en español, tes que falarlles en galego, que acolloa máis.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  5. Moi boas rapaces....

    Por se non me recoñecedes (Soliño é meu apelido), son Pegha.
    Por fin tiven un rato e estiven a botarlle un ollo a todo. Intentarei segurivos a diario,xa que o que contades é ben interesante.

    Xa vexo que tivestes moito follón, parece mentira como a xente pode ser tan parva por simple burocracia, e xa vexo o que fai a necesidade,( comprarse por uns míseros euros).

    Por certo, pusen unha mención e o enlace do blog en Forocompetición, nun tema duns participantes cordobeses que van nun C2. O link é este http://www.forocompeticion.com/foro/index.php/topic,5482.0.html

    Desexarvos moita sortee moitos ánimos.Saudos

    ResponderEliminar
  6. Calle San Antoniño City:
    En todos sitios se cuecen habas y el "cazo"
    tambien,por lo que como a los vendedores marroquies ofrecerles la mitad ó menos de lo que piden,el resultado es el mismo y todos contentos

    Besos y abrazos
    MarisaySuso

    ResponderEliminar
  7. Animo e seguir representandonos

    Un saudo, e moito animo

    ResponderEliminar