23 de julio de 2009

Día 8 Situación actual
















Ola a todos. Escribimos esta renovación dende un hotel de L´viv en Ucrania. Coma vos comentei antes, Chus e Noé non conseguiron atravesar a fronteira a pesares das xestións realizadas pola embaixada española (grazas).
Logo de non dar pasado, a única solución que lles ofreceu a embaixada para poder atravesar as fronteiras é que Fátima máis eu vaiamos ate Kiev (embaixada) a recollera documentación que foi enviada ahí o pasado martes. Nese mesmo intre adoptamos entre os catro, a decisión de que nos iríamos ate Kiev e que nun día estaríamos de volta coa mesma. Cando xa estábamos en Ucrania, chamounos a embaixada para dicirnos que a empresa de transportes tivo un problema co envio e que non recibiran a documentación ate o luns próximo. Isto nos provoca un importante retraso que posiblemente conlevará que non poidamos pasar por Uzbequistán para ser capaces de chegar a tempo a Moongolia, pero iso o decidiremos sobre a marcha unha vez que xa teñamos todo en orden. Como xa non había volta atrás, a decisión seguinte foi que Chus e Noé, se trasladen ate a fronteira con Bielorrusia (din que é máis doada) e dese modo chegaran a casi o lado de Kiev. Nos, pola outra banda, seguimos os consellos da embaixada para aproveitar estes 4 días para coñecer algo Ucrania no camiñoa ate Kiev.
Hai 5 minutos falamos con Noé e Chus e xa están a 200 km da fronteira con Bielorrusia, no momento en que a pasen, se o conseguen, actualizaremos a situación.
Tanto en Polonia, onde estan eles, coma en Ucrania, onde estamos nos, o clima de tranquilidade é total e son lugares moi interesantes para visitar nalgunha ocasión con algo de calma (non como desta volta). Todos estamos perfectos de ánimo e sabemos que a pesar destes primeiros atrancos, A Mongolia imos todos!!!!! , e isto simplemente son anécdotas. A organización sempre di que si o chegar a Mongolia, non tes historias que contar, entón é que non valeu a pena facer toda a viaxe, gg.
Por último comentaros que xa comezamos a ter problemas coa gasolina. Resulata que a partir de Alemania, a gasoliña está aditivada con Benzeno. Nunha primeira estación de servizo nos dixeron que os nosos coches non valían para iso e nos decidimos non votala. O problema chegou onte en Polonia, onde o noso coche comezou a ratear. Preguntamos nunha gasoliñeira polo noso coche (en Polonia os Seicento son os coches máis visibles-fiabilidade total) e nos dixeron que o que tiñamos que botar era 98 benzini e que senón que lle botaramos un aditivo, llelo botamos e o coche vai coma a seda. Tamén, acabamos de notar un cambio brusco nas estradas, se en Polonia xa empeoraban algo (principalemnte porque estaban en obras), en Ucrania son moi malas. Deixovos unhas fotos.
Saúdos e grazas a todos polos ánimos (leemos tódolos comentarios e nos encanta que os fagades)
P.D.Non adelgazamos nin de coña, comemos seguido para manter o espírito esperto (non levamos radio gg)
FOTOS: Calor no chocolate; pontes de ferro e madeira polacos, Fiat 126 (hai moitos), fronteira Ucrania, camiño ucraniano.

6 comentarios:

  1. Letty, Charo e Jose!23 de julio de 2009, 21:11

    Ánimo familia! Dende As Chousas mandámosvos moita forza e moito cariño, para que a viaxe se faga o mais agradabel posíbel! Seguímosvos cada minuto neste blog. Un bico moi forte!

    ResponderEliminar
  2. Pa la proxima pon fotos de las cachondas que asi lo disfrutamos todos, que tanto coche ni tanta ostia, a partir de ahora a conservar mecanicas que la grua ya no repatria el coche. de frente con fe!

    ResponderEliminar
  3. Grazas familia por estar ahi!é unha ledicia sentirse apoiado
    bikos

    ResponderEliminar
  4. Enhorabuena por la inicativa y a disfrutar de la experiencia. Animo!!!!
    JARUMA Sport

    ResponderEliminar
  5. Eu estou co grito de guerra:

    ¡¡¡A MONGOLIA IMOS TODOS!!!
    (Edgar dixit)

    ResponderEliminar
  6. Grazas por seguirnos e como ben di David, A Mongolia Imos Todos! xa que a nosa é a axuda do automobilismo galego.
    Saúdos.

    ResponderEliminar