23 de julio de 2009

UCRANIA

Ola a todos!tras multitude de chamadas coa embaixada española e a compañía de transporte tanto en España como en Ucrania, parece ser que agora os papeis estarán o venres tarde ou o sábado en Kiev pero como non reparten, ate o luns como pouco non os teremos. Na embaixada española conseguimos que nos reciban o sábado á mañá para ir persoalmente falar coa empresa de transportes alí para tentar avanzar máis. Estamos seguindo as recomendacións totais da embaixada, aloxarnos nun hotel en Lviv, onde estamos nos, pola nosa seguridade e a do coche, para así partir maña a Kiev cedo e chegar ben entrada a madrugada. Dende a fronteira ate eiquí, parounos unha patrulla policial, pero como estábamos a falar coa embaixada via teléfono, moi pouco nos tiveron alí retidos e deixáronnos continuar. As distancias entre estes puntos son poucas, se as comparamos cos 4500 km que levamos, pero as estradas son moi precarias:dende que cruzamola fronteira con Polonia cruzamos pasos a niveis con e sen barreiras e as estradas teñen como cada medio km unha banda sonora que aínda que a pasamos en 1ª marcha toca o fondo do coche.Xa en Lviv, desaparece o "asfalto" e xurde o adoquín, que polo uso vese afundido e irregular por todos lados, por aquí pasan trolebuses, tranvías, camións, coches,...e é moi complicado pasar xa que están entrelazados os raís co adoquín e coa diferencia de altura toca o coche abaixo.

Os kms comezan a pasar factura e xa partiu a primeira das cinchas que suxeitaba as 4 rodas que levamos na vaca así como a garrafa da gasolina, os distintos botes e irregularidades do asfalto fan vibrar de máis e aínda non chegamos a Kazajstan que serán as estradas complicadas!Esta noite que durmiremos en cama, faite valorar moitas cousas, aínda que só fai unha semana que comezou todo isto, durmir estirado vale moito(varias noites durmimos dentro do coche por non poder montala tenda,e é moi complicado o non poder reclinar os asentos) xa que o non descansar é moito maís dificil conducir tantas horas. Botaba moito de menos a ducha, foi incrible, parece mentira pero o aseo e as duchas de gasolinera non sentan igual. As ventanillas van abertas todo o rato, pois a calor é moita, o sol pega de maneira moi forte e a crema solar factor 50 é botada cada pouco tempo, por si fora pouco xa empezaron os mosquitos que acribillan de maneira horrorosa, así que bota tamén repelente nos brazos, cuello e cara, parecemos croquetas con tanto potingue!Aproveitamos tamén para lavar a roupa que tíñamos xa moi sobada e mercar auga, que estou bebendo máis que en tódala miña vida xunta, pois a calor xuntada a todo o polvillo seca a garganta de mala maneira.

Noe e Chus, aínda non chegaron a fronteira e acaban de parar a descansar, mañá co dia aberto tentarán pasar a fronteira con Bielorusia e así xuntarnos todos por riba de Kiev xa cos papeis na man.

Mañá será outro día, grazas a todos por estar aquí apoiando

saudos, Fátima

6 comentarios:

  1. Moita sorte equipo!! xa lle mandei un sms a Noé peor non sei si lle chegou con todo o ajetreo do viaxe. Como diria miña avoa andade o xeito e coidado cas multas jeje

    Un saudo e cando volvades xa contaredes que tal a esperiencia polo de agora xa vexo que o pasades ben.

    Moito animo!!

    (sersogho)

    ResponderEliminar
  2. vaya aventurillas...ja ja ja..que envidia sana...

    que faena lo de Noe y Chus, pero el animo bien arriba eh..de decaerse nada..que hay que dejar el pabellón gallego bien alto

    saludos para todos y con xeito..jiji

    Iván L.

    ResponderEliminar
  3. que tengais suerte de parte de toda mi oficina, aquí os estamos siguiendo como si estuvieramos con vosotros.
    s2

    ResponderEliminar
  4. vamos q esos coches van como la seda darle duro y

    animos

    ResponderEliminar
  5. animo a noe y chus, chusiiiiiiiiiii , q se te echa de menos...a ver si me mandas a mi tb email q soy el unico q no se nada...menos mal q descubri esta pagina por el link de agareso. besazo...aprovechar esto no se repetira jamas. tb animo a fatima y edgar q no os conozco pero ya me han dicho lo buena gente q sois....a por mongoliaaaaaaaa

    ResponderEliminar
  6. Grazas a todos por seguirnos. Da gusto enterarse ao momento das novas respostas e saber que estades ahí apoiando. O móvil meu non permite as chamadas, pero os mails si que os recibe e así estamos seguido ao día.

    Saúdos.

    ResponderEliminar